Casa da Fonte

construción civil en Ferreira de Pantón

A Casa da Fonte é unha construción civil situada na parroquia de Ferreira de Pantón, próximo ó lugar da Vila do Mato a medio camiño entre Basillao e a igrexa parroquial.

Casa da Fonte
ConcelloPantón
ProvinciaLugo
ComunidadeGalicia
Coordenadas42°30′42″N 7°37′48″O / 42.511666666667, -7.63Coordenadas: 42°30′42″N 7°37′48″O / 42.511666666667, -7.63
Estilo arquitectónico
Estilo orixinalArquitectura barroca (1756)
Estado actualVivenda
editar datos en Wikidata ]

Arquitectura editar

A casa posúe unha planta en forma de escuadro. Polo exterior, na contra da fachada norte ten unha porta e fiestras no piso. Na fachada do leste ten unha porta nos baixos, e arriba máis fiestras, unha delas con montante. A á oeste, está adicada ás dependencias do gando e ós servizos agrícolas.

O ángulo da escuadra é ocupado por un patio, que serve de acceso a unha especie de solaina por medio dunha escalinata que dá acceso á planta principal. Pecha o patio un portón cun arco de granito. Na casa atópase un pombal con forma de torre, de forma cadrada, cunha fiestra a media altura e con porteliñas para a saída das pombas.[1]

A adega da casa da Fonte atópase na entrada do camiño que leva á casa[2]. Foi construída no ano 1756, como reza unha inscrición da porta. É unha adega que tivo moita importancia na contorna, e nela traballaban xentes da aldea próxima de Basillao. Seguiu traballando até mediados do século XX. Diante dela tiña dous castiñeiros centenarios, que daban moitas castañas que as xentes da casa e de Basillao consumían, e tras a adega tiña dúas sobreiras para facelas cortizas. Ademais ó carón da adega había unha corte para o gando.

Galería editar

Notas editar

  1. Rielo Carballo, I. (2000). Pantón, historia e fidalguía. Editorial Compostela. ISBN 84-8064-095-2. 
  2. "Adega da Casa da Fonte". Lista roja Patrimonio. 11 de marzo de 2020. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar