Pombeiro, Pantón
San Vicente de Pombeiro é unha parroquia do concello de Pantón na comarca de Terra de Lemos, na provincia de Lugo. Pertence á diocese de Lugo e ó arciprestado de Ferreira de Pantón. No ano 2007 tiña 186 habitantes, deles 91 eran homes e 95 eran mulleres, o que supón unha diminución de 11 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.
Pombeiro | |
---|---|
Concello | Pantón[1] |
Provincia | Lugo |
Coordenadas | 42°26′53″N 7°42′11″O / 42.448097222222, -7.7029444444444Coordenadas: 42°26′53″N 7°42′11″O / 42.448097222222, -7.7029444444444 |
Área | 18 km² |
Poboación | 159 hab. (2017) |
Densidade | 8,83 hab./km² |
Entidades de poboación | 25[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia
editarEn 1891 creouse a parroquia eclesiástica de Santa María do Regueiro cos seguintes lugares de Pombeiro: A Pena, A Torre, Bazal, Cascaxide, O Moredo, O Rigueiro, O Torrón e Vilamirón.[2]
Xeografía
editarLimita ao norte coas parroquias pantonesas de Atán, Següín e San Fiz de Cangas; ao leste coas de Cangas e Frontón; ao sur coas de Nogueira de Ramuín de Santo Estevo de Ribas de Sil e Moura, e ao oeste coa dos Peares (A Peroxa), Oleiros e A Cova polo oeste.[3]
Parte da parroquia de Pombeiro atópase dentro do LIC "Canón do Sil", 4,6 km² das ribeiras de Pombeiro están protexidas.
Patrimonio
editar- Mosteiro de San Vicenzo de Pombeiro, da que se conserva o templo. Nel destacan as súas pinturas murais.
Lugares e parroquias
editarLugares de Pombeiro
editarLugares da parroquia de Pombeiro no concello de Pantón (Lugo) | |
---|---|
Amandi | Barreiro | O Barrio | Bazal | O Cancelo | Cascaxide | Cascortés | Cibrisqueiros | Mación | Moredo | Outeiro | Penaveada | A Piúca | A Presa | O Priorato | O Regueiro | Ribas de Sil | San Cosmede | San Pedro | O Souto | Telleiros | A Torre de Vilamirón | O Torrón | A Touza | Vilamirón |
Parroquias de Pantón
editarNotas
editar- ↑ 1,0 1,1 Decreto 6/2000, do 7 de xaneiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia de Lugo.
- ↑ Rielo Carballo, Isaac (2000). Pantón, historia e fidalguía. Editorial Compostela. ISBN 84-8064-095-2.
- ↑ "Mapas da Xunta de Galicia".