Deade, Pantón
parroquia civil do concello de Pantón
San Vicente de Deade é unha parroquia do concello de Pantón na comarca de Terra de Lemos, na provincia de Lugo. Pertence á diocese de Lugo e ó arciprestado de Ferreira de Pantón. No ano 2017 tiña 57 habitantes, deles 27 eran homes e 30 eran mulleres.
Deade | |
---|---|
Igrexa parroquial de Deade | |
Concello | Pantón[1] |
Provincia | Lugo |
Coordenadas | 42°29′53″N 7°37′28″O / 42.498138888889, -7.6243638888889 |
Área | 2,4 km² |
Poboación | 57 hab. (2017) |
Densidade | 23,75 hab./km² |
Entidades de poboación | 14[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Xeografía
editarLimita coas parroquias pantonesas de Ferreira polo norte; Siós polo leste; Serode e San Fiz de Cangas polo sur e Següín polo oeste.[2]
Lugares e parroquias
editarLugares de Deade
editarLugares da parroquia de Deade no concello de Pantón (Lugo) | |
---|---|
A Cal | O Campo das Parras | Campo de Eirexa | Campo de Outeiro | Casdoncende | Casebio | Cornide | Maside | As Nogueiras | O Pacio | Souto | Tanquián | Trigás | Vilanova |