Arciprestado de Ferreira de Pantón

O arciprestado de Ferreira de Pantón[1] é un dos actuais 14 arciprestados da diocese de Lugo, que comprende 77 parroquias de concellos da comarca de Lemos. Ocupa unha superficie de 469,9 km².

Mosteiro de Santa María de Ferreira de Pantón.

Situación

editar

Situado na parte sur da diocese lucense, engloba practicamente a totalidade do concello de Pantón e a totalidade de Sober e do Saviñao.

Historia

editar

Antes da modificación de arciprestados de 2010, tódalas parroquias do Saviñao estaba enmarcadas no seu propio arciprestado, no xa desaparecido arciprestado de Saviñao. Logo case tódalas parroquias de Pantón máis a totalidade de parroquias de Sober, formaban o xa extinto arciprestado de Amandi-Ferreira. O resto de parroquias de Pantón, que eran, Santalla de Toiriz, Santa María de Toiriz, Santo Estevo do Mato, San Vicente de Castillón, Santiago de Castillón e San Martiño de Tribás integraban o aínda existente arciprestado de Monforte de Lemos.[1]

Parroquias

editar

Pertencen todas as parroquias deste concello: Santa María de Amandi, Santo Estevo de Anllo, San Martiño de Arroxo, San Xoán de Barantes, Santa María de Bolmente, Santa Cruz de Brosmos, San Pedro de Bulsos, San Pedro de Canaval, San Martiño de Doade, San Salvador de Figueiroá, Santiago de Gundivós, San Martiño de Liñarán, San Xillao de Lobios, San Nicolao de Xillán, San Salvador de Neiras, San Vicente de Pinol, Santa María de Proendos, Santo Estevo de Refoxo, San Miguel de Rosende, San Martiño de Anllo, San Xurxo de Santiorxo e Santa María de Vilaescura.[1]

O Saviñao

editar

Pertencen todas as parroquias deste concello: Santalla de Toiriz, San Xoán de Abuíme, San Tome da Broza, San Sadurniño de Chave, San Martiño da Cova, San Paio de Diomondi, San Vicente de Eirexafeita, San Lourenzo de Fión, Santa Cecilia de Freán, San Fiz da Laxe, Santalla de Licín, Santiago de Louredo, San María de Marrube, San Xulián de Mourelos, San María de Ousende, San Sadurniño de Piñeiró, Santalla de Rebordaos, Santa María de Reiriz, Santa Mariña de Rosende, San Vitoiro de Ribas de Miño, Santo Estevo de Ribas de Miño, Santa María de Segán, Santa María de Seteventos, San Xoán de Sobreda, San Xulián de Vilacaíz, San Salvador de Vilaesteva, San Salvador de Vilasante, San Xoán de Vilatán, San Martiño de Vilelos e Santiago de Xuvencos.[1]

Pantón

editar

Pertencen todas as parroquias deste concello menos: San Román de Moreda: San Romao de Acedre, Santo Estevo de Atán, Santiago de Cangas, Santiago de Castillón, San Vicente de Deade, San Xulián de Eiré, Santo Estevo de Espasantes, Santa María de Ferreira de Pantón, San Xoán de Frontón, San Mamede de Mañente, San Martiño de Pantón, San Vicente de Pombeiro, Santo André de Ribeiras de Miño, San Fiz de Cangas, San Vicente de Castillón, Santo Andrés de Següín, San Xulián de Serode, San Martiño de Siós, Santa María de Toiriz, San Xoán de Toldaos, San Martiño de Tribás, San Cibrao de Vilamelle e Santiago de Vilar de Ortelle.[1]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 "Parroquias y Arciprestazgos - Diócesis de Lugo". Diócesis de Lugo (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 11 de febreiro de 2017. Consultado o 2017-02-08.