Vilaescura, Sober

parroquia civil do concello de Sober

Vilaescura é unha parroquia do concello de Sober na provincia de Lugo. Segundo o IGE en 2011 tiña 96 habitantes (40 homes e 56 mulleres). En 1998 tiña 134 habitantes, cunha densidade media de 41,3 hab/km². En 1970 tiña 206 habitantes e en 1900 con 185.

Vilaescura
Igrexa de Santa María de Vilaescura.
ConcelloSober[1]
ProvinciaLugo
Coordenadas42°28′09″N 7°36′43″O / 42.46919, -7.61199Coordenadas: 42°28′09″N 7°36′43″O / 42.46919, -7.61199
Poboación96 hab. (2011)
Entidades de poboación5[1]
editar datos en Wikidata ]

Xeografía editar

Está bañada polo río Cabe que entra no concello por Canaval. Situada ao noroeste do concello, está delimitada ao norte por Espasantes e Canaval, ao sur por Rosende, ao leste por Millán e ao oeste por Rosende e Cangas (concello de Pantón). A altitude máxima é de 363 m.

Comunícase por unha estrada local e polo ferrocarril Monforte-Vigo, coa estación na propia parroquia de Canaval.

Historia editar

En termos eclesiásticos é unha freguesía allea de San Pedro de Canaval, municipio de Sober, arciprestado de Amandi, provincia e diocese de Lugo. Pertenceu aos cabaleiros do Temple, e conserva no presbiterio o bo retablo maior de estilo rococó e seguramente de taller monfortino. Mostras da cultura hachelense foron atopadas no castro de Vilaescura, situado sobre o punto de ruptura da pendente que marca o inicio do canón do río Cabe, nunha propiedade privada. Tanto este asentamento como a súa contorna atópanse baixo unha carballeira, que facilita o paseo ata o lugar desde a igrexa con vistas ao Cabe, unha zona de extraordinaria beleza. Hai que dicir, porén, que boa parte das estruturas pétreas deste castro están desmanteladas.

Festas editar

O primeiro domingo de setembro celébrase a festividade da Virxe dos Remedios, que na década de 1970 chegou a ter competición de tiro ao prato. O 2 de febreiro é a festa das Candelas, na honra da Virxe da Candelaria. Antes celebrábase no campo de Penademiro e había unha gran procesión. O último domingo de maio celébrase a festa da Virxe María.

Desde 1986 celébrase un sábado de agosto unha gran comida, con churrasco, empanada e queimada.

Notas

Galería de imaxes editar

Lugares e parroquias editar

Lugares de Vilaescura editar

Lugares da parroquia de Vilaescura no concello de Sober (Lugo)

Os Condes | Moreda | Pena de Miro | Vaz | Vilaescura

Parroquias de Sober editar

Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Sober

Amandi (Santa María) | Anllo (Santo Estevo) | Arroxo (San Martiño) | Barantes (San Xoán) | Bolmente (Santa María) | Brosmos (Santa Cruz) | Bulso (San Pedro) | Canaval (San Pedro) | Doade (San Martiño) | Figueiroá (San Salvador) | Gundivós (Santiago) | Liñarán (San Martiño) | Lobios (San Xillao) | Millán (San Nicolao) | Neiras (San Salvador) | Pinol (San Vicente) | Proendos (Santa María) | Refoxo (Santo Estevo) | Rosende (San Miguel) | San Martiño de Anllo (San Martiño) | Santiorxo (San Xurxo) | Vilaescura (Santa María)

Véxase tamén editar

Outros artigos editar