San Vitoiro de Ribas de Miño, O Saviñao
San Vitoiro de Ribas de Miño é unha parroquia do concello do Saviñao na comarca da Terra de Lemos, na provincia de Lugo. Segundo o IGE en 2021 tiña 111 habitantes (60 homes e 51 mulleres).
San Vitoiro de Ribas de Miño | |
---|---|
![]() Igrexa parroquial de San Vitoiro | |
Concello | O Saviñao[1] |
Provincia | Lugo |
Poboación | 111 hab. (2021) |
Entidades de poboación | 19[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
HistoriaEditar
Os límites da parroquia determináronse en comparecencia veciñal o 13 de marzo de 1753 ante o xuíz Rafael de Queiruga. No correspondente documento aparecen determinados os límites. Unha terceira parte da parroquia, como a entidade de Porto, quedou anegada polo río Miño coa construción do encoro de Belesar.
DemografíaEditar
Gráfica de evolución demográfica de San Vitoiro de Ribas de Miño entre 2000 e 2020 |
![]() |
Datos segundo o IGE.[2] |
SocioeconomíaEditar
Xunto á gandería vacúa e de subsistencia e a agricultura, a produción de viño é unha das principais actividades en San Vitoiro, ó estar localizada na zona amparada para a produción de viño con Denominación de Orixe Ribeira Sacra, concretamente na subzona Ribeiras do Miño.
PatrimonioEditar
Nesta parroquia, como noutras da Ribeira Sacra, hai expoñentes da románica galega.
A igrexa parroquial de San Vitoiro é de estilo románico do último cuarto do século XII, semellante ó de Santo Estevo de Ribas de Miño, que consta de nave e ábsida rectangulares, con arco triunfal de medio punto e columnas salomónicas, á que se engadiu a sancristía. Destaca principalmente pola súa fachada principal con tres arquivoltas que descansan sobre columnas de fustes lisos.
O santuario de Guadalupe, situado no monte da Capela, data do século XVIII.
A casa grande de Pacios é unha construción civil do século XVII. A casa de Abadía é unha construción civil dos séculos XV e XVI.
A capela de Porto, de posible orixe románica, sitúase en Porto, na actualidade anegada polo encoro de Belesar. Consérvanse na igrexa parroquial algunhas das súas tallas, esculpidas entre os séculos XVI e XVII.
FestasEditar
A primeira fin de semana de setembro celébrase no campo da festa da Abadía a romaría da Virxe de Guadalupe.
Galería de imaxesEditar
Lugares e parroquiasEditar
Lugares de San Vitoiro de Ribas de MiñoEditar
Lugares da parroquia de San Vitoiro de Ribas de Miño no concello do Saviñao (Lugo) | |
---|---|
A Abadía | Os Amieiros | A Cerca | Os Corgos | A Corredoira | Filgueiro | As Fontelas | Gudiós | A Lama | Liñares | Montegrande | Pacios | A Pereira | A Reboira | O Regato | Susavila | Taíz | O Troncedo | O Val |
Parroquias do SaviñaoEditar
NotasEditar
- ↑ 1,0 1,1 Decreto 6/2000, do 7 de xaneiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia de Lugo.
- ↑ "Instituto Galego de Estatística, consulta do nomenclátor". Xunta de Galicia. Arquivado dende o orixinal o 30 de decembro de 2020. Consultado o 28 de marzo de 2022.
Véxase taménEditar
Commons ten máis contidos multimedia sobre: San Vitorio de Ribas de Miño |