Doade, Sober

parroquia civil do concello de Sober

San Martiño de Doade é unha parroquia do concello de Sober, na comarca de Terra de Lemos, na provincia de Lugo.

Doade
ConcelloSober[1]
ProvinciaLugo
Coordenadas42°24′56″N 7°28′52″O / 42.41567, -7.48124Coordenadas: 42°24′56″N 7°28′52″O / 42.41567, -7.48124
Poboación120 hab. (2016)
Entidades de poboación9[1]
editar datos en Wikidata ]

Limita ao norte e leste co concello de Monforte de Lemos, ao oeste coa parroquia de Brosmos, e ao sur coa parroquia de Amandi e cos concellos ourensáns da Teixeira e Castro Caldelas, dos que está separado polo río Sil.

Tiña unha poboación de 120 habitantes en 2016, 57 homes e 63 mulleres,[2] agrupados nas entidades do Bidual, Castro, Ceceda, Doade, Francos, A Lampaza, Mourentán, Vilachá e Vilar de Mouros.

En plena Ribeira Sacra, é coñecida polas súas viñas e adegas desa denominación de orixe. Algunhas das vides atópanse en pendente, na ribeira dereita do río Sil, que forma nesa zona un profundo canón. Entre o seu patrimonio destacan a igrexa parroquial, do século XVII, as capelas de San Pedro e San Amaro, a fonte de San Xermán e os miradoiros sobre o canón.

As localidades de A Lambaza e Vilar de Mouros forman un exclave de 5,4 quilómetros cadrados de superficie que está situado 450 metros ao leste do resto da parroquia. Este exclave limita ao norte, leste e oeste con Monforte de Lemos e ao sur co río Sil.

Galería de imaxes editar

Lugares de Doade editar

Lugares da parroquia de Doade no concello de Sober (Lugo)

O Bidual | Castro | Ceceda | Doade | Francos | A Lampaza | Mourentán | Vilachá | Vilar de Mouros

Parroquias de Sober editar

Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Sober

Amandi (Santa María) | Anllo (Santo Estevo) | Arroxo (San Martiño) | Barantes (San Xoán) | Bolmente (Santa María) | Brosmos (Santa Cruz) | Bulso (San Pedro) | Canaval (San Pedro) | Doade (San Martiño) | Figueiroá (San Salvador) | Gundivós (Santiago) | Liñarán (San Martiño) | Lobios (San Xillao) | Millán (San Nicolao) | Neiras (San Salvador) | Pinol (San Vicente) | Proendos (Santa María) | Refoxo (Santo Estevo) | Rosende (San Miguel) | San Martiño de Anllo (San Martiño) | Santiorxo (San Xurxo) | Vilaescura (Santa María)

Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar