Rosende, Sober

parroquia civil do concello de Sober

San Miguel de Rosende é unha parroquia do concello de Sober, na comarca de Terra de Lemos, na provincia de Lugo. Segundo o IGE, no ano 2007 tiña unha poboación de 105 habitantes.

Rosende
Igrexa parroquial
ConcelloSober[1]
ProvinciaLugo
Coordenadas42°27′34″N 7°37′01″O / 42.45953, -7.61702
Área2,76 km²
Poboación90 hab. (2017)
Densidade32,61 hab./km²
Entidades de poboación21[1]
editar datos en Wikidata ]

Atópase a 3 km ao oeste da vila de Sober, a uns 673 m de altura, na beira esquerda do río Cabe.

Xentilicio

editar

O seu xentilicio é rosendino[2].

Economía

editar

O sector primario, dedicado á gandaría bovina criada para consumo e a cría porcina, xunto coa agricultura orientada ao cultivo da vide, son as fontes de ocupación da poboación. En Rosende hai unha adega destinada a elaborar viños mencía e godello, incluídos no consello da denominación de Orixe Ribeira Sacra e clasificados na subzona regulada da ribeira do Miño.

Outras actividades do sector dos servizos están asociadas á Escola de Hostelería da Fundación Belarmino Fernández, no pazo de Ribas, ou á Casa Grande de Rosende, establecemento de turismo rural integrado na rede Pazos de Galicia.

Patrimonio

editar

A igrexa parroquial foi reconstruída en diversas ocasións. O edificio orixinal pertencía ao mosteiro de San Miguel de Rosende, da orde de San Bieito e existente polo menos desde 1246, dependente como priorado do mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil. Do primitivo edificio consérvanse restos románicos decorativos na torre campanario, mentres que o anexo do antigo priorado presenta unha balconada de estilo señorial. No interior gárdase un interesante retablo maior de estilo rococó con dúas alturas.

A casa grande de Rosende, tamén coñecida A Casa das Señoritas, é un pazo que data do ano 1511. Foi rehabilitada a finais do século XX e na actualidade funciona como casa de turismo rural. De sobria fachada destaca a súa torre, a solaina que da cara a un patio traseiro e o seu coidado interior.

As festas patronais celébranse o último sábado de setembro. Tamén son populares as festas da Virxe do Carme.

Lugares e parroquias

editar

Lugares de Rosende

editar
Lugares da parroquia de Rosende no concello de Sober (Lugo)

A Airexa | Albarán | Areas | O Areeiro | Calvos | O Campo de Naz | A Cavadiña | O Celeirón | O Cotorulo | Os Ferreiros | Fondo de Vila | A Lama do Outeiro | A Lama do Sobrado | A Lama dos Campos | Naz de Abaixo | Naz de Arriba | Outeiro | Pesqueiras | Ribas | Rosende | O Viñal

Parroquias de Sober

editar
Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Sober

Amandi (Santa María) | Anllo (Santo Estevo) | Arroxo (San Martiño) | Barantes (San Xoán) | Bolmente (Santa María) | Brosmos (Santa Cruz) | Bulso (San Pedro) | Canaval (San Pedro) | Doade (San Martiño) | Figueiroá (San Salvador) | Gundivós (Santiago) | Liñarán (San Martiño) | Lobios (San Xillao) | Millán (San Nicolao) | Neiras (San Salvador) | Pinol (San Vicente) | Proendos (Santa María) | Refoxo (Santo Estevo) | Rosende (San Miguel) | San Martiño de Anllo (San Martiño) | Santiorxo (San Xurxo) | Vilaescura (Santa María)

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar