Sober
Coordenadas: 42°28′N 7°36′O / 42.467, -7.600
Sober (antropotopónimo de superius)[8] é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca da Terra de Lemos e parte da Ribeira Sacra. Segundo o Padrón municipal de habitantes a súa poboación en 2018 era de 2.301 persoas. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é soberés[9].
Sober | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Situación | |||||
Xentilicio[1] | soberés/soberesa | ||||
Xeografía | |||||
Provincia | Provincia de Lugo | ||||
Comarca | Comarca da Terra de Lemos | ||||
Poboación | 2.213 hab. (2022)[2][3] | ||||
Área | 133,3 km²[3] | ||||
Densidade | 16,6 hab./km² | ||||
Entidades de poboación | 22 parroquias[4] | ||||
Política (2019[5]) | |||||
Alcalde | Luis Fernández Guitián (PPdG [6]) | ||||
Concelleiros | PPdeG: 8 PSdeG-PSOE: 1 Outros: IG-VIVO 2 | ||||
Eleccións municipais en Sober | |||||
Uso do galego[7] (2011) | |||||
Galegofalantes | 85,05% | ||||
Na rede | |||||
http://www.concellodesober.com/ | |||||
[ editar datos en Wikidata ] |
XeografíaEditar
O concello de Sober ten unha superficie de 134 km² e atópase na Terra de Lemos, no sur da provincia de Lugo, entre os cursos dos ríos Cabe e Sil, que fan de fronteira física polo oeste e sur, respectivamente. Limita cos concellos de Monforte de Lemos ao norte e leste, Pantón ao oeste e Nogueira de Ramuín, Parada de Sil, A Teixeira e Castro Caldelas ao sur.
A capital municipal dista 77 km da capital de provincia, Lugo, e atópase a uns 600 m de altitude.
DemografíaEditar
Censo total | 2.301 (2018) |
---|---|
Menores de 15 anos | 155 (6.74 %) |
Entre 15 e 64 anos | 1.125 (48.89 %) |
Maiores de 65 anos | 1.021 (44.37 %) |

EconomíaEditar
O sector primario está centrado na gandería bovina criada para consumo, a cría porcina e en menor medida, ovina.
A agricultura representa o 37% da superficie, orientada ao cultivo de cereais, patacas e primordialmente, a vide. O 58% da superficie é de masa forestal, piñeiros e carballos e mata.
A industria ocupa ao 15% da poboación, concentrándose en entidades de pequeno tamaño ou familiar orientadas principalmente á elaboración de viño. Destaca a produción de material de construción en Canabal e a olería artesá de Gundivós. Outros centros están dedicados á manufactura téxtil (calcetíns) e á fabricación de ferramentas e equipos de labor (cerraxería e máquinas de sulfatado).
O sector servizos aglutínase en torno aos servizos municipais e administrativos e aos establecementos comerciais. Cada quince días ten lugar a feira, coa mesma frecuencia có mercado de produtos.
Viño de AmandiEditar
Sober atópase na rexión vinícola da Denominación de Orixe Ribeira Sacra, albergando a produción da subzona de viños de Amandi e a da ribeira do río Cabe.
Existen arredor de 300 produtores e 29 adegas inscritas no consello regulador. Un centro de embotellado industrial permite a comercialización da marca de viño de Rectoral Amandi.
Cada domingo de Ramos, celébrase en Sober a Feira do viño de Amandi.
HistoriaEditar
Consérvanse mámoas do megalítico en distintos lugares, así como restos da cultura castrexa.
Durante o período do imperio romano a Vía Nova, que enlazaba Astorga con Braga, atravesaba a zona.
Da constitución do reino dos suevos permanecen os topónimos de varias parroquias.
Patrimonio histórico e artísticoEditar
- A Casa grande de Rosende é un pazo datado en 1511, situado na parroquia de Rosende. Tamén era coñecido na comarca como A Casa das Señoritas. Foi rehabilitada a finais do século XX e na actualidade funciona como casa de turismo rural non sendo posible a súa visita. De sobria fachada destaca a súa torre, a solaina que da cara a un patio traseiro e o seu coidado interior.
Lugares de SoberEditar
Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Sober vexa: Lugares de Sober.
PolíticaEditar
Partido | 1999 | 2003 | 2007 | 2011 | 2015 | 2019 | ||
PPdeG | 7 | 8 | 8 | 7 | 7 | 8 | ||
IG-Vivo | 2 | |||||||
PSOE-PSdeG | 3 | 2 | 1 | 2 | 2 | 1 | ||
PDDdG | 2 | |||||||
BNG | 1 | 2 | 2 | |||||
Agroma | 1 | |||||||
Total | 11 | 11 | 11 | 11 | 11 | 11 |
DeporteEditar
No concello hai dous equipos de fútbol, o CD Sober, que xoga os seus partidos en Centeás, e o CD Río Sil, que xoga no campo da Carqueixa. Os dous xogaban na tempada 2018/19 na Terceira Autonómica de Galicia.
Galería de imaxesEditar
- Artigo principal: Galería de imaxes de Sober.
Canón do Sil.
ParroquiasEditar
NotasEditar
- ↑ Véxase no Galizionario.
- ↑ Instituto Nacional de Estadística, ed. (27 de decembro de 2019). "Cifras oficiales de población resultantes de la revisión del Padrón municipal a 1 de enero". Consultado o 2 de xuño de 2020.(en castelán).
- ↑ 3,0 3,1 Instituto Galego de Estatística. (2022) "Sober".Información municipal. Sociedade e poboación. Xunta de Galicia.
- ↑ Nomenclátor de Galicia. Busca directa. Xunta de Galicia
- ↑ Goberno de España, Ministerio do Interior (ed.). "Elecciones 2019". resultados.eleccioneslocaleseuropeas19.es. Arquivado dende o orixinal o 25 de xuño de 2019. Consultado o 27 de maio de 2019.
- ↑ Federación Galega de Municipios e Provincias (ed.). "Sober". www.fegamp.gal. Consultado o 14 de setembro de 2019.
- ↑ Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Arquivado dende o orixinal o 5 de decembro de 2019. Consultado o 14 de outubro de 2014.
Fonte: IGE. Datos dispoñibles nas Táboas Dinámicas de Google
- ↑ Real Academia Galega (Antón Palacio) (25/11/2021). O Seminario de Onomástica responde: Sober (Youtube).
- ↑ Costas González, X.-H. (2016): Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega, páx. 59. Universidade de Vigo. ISBN 978-84-8158-706-7
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Sober |
Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |