Participación Democrática Directa

Participación Democrática Directa (PDDdG) foi unha formación política instrumental creada en Galicia en marzo de 2015 para concorrer aos comicios municipais de 2015.

Historia

editar

O partido foi rexistrado polo actor Miguel Pernas en marzo de 2015. Baixo o seu nome presentáronse distintas coalicións e formacións veciñais, das catro provincias galegas, se ben a súa concentración maior achábanse na comarca do Salnés. As candidaturas estaban encabezadas por persoas vinculadas a Cerna, principalmente.

Aínda que a denominación exacta da candidatura variaba de concello a concello, a formación política instrumental permitía que os seus votos fosen contabilizados para a designación de deputados provinciais, ao igual que o que promovían Anova e Esquerda Unida coa plataforma SON. Formaron parte, como socios minoritarios, dos gobernos de Cambados (encabezado polo PSdeG), Fene (encabezado polo BNG) e Ribadumia (encabezado por unha formación independente). No caso de Fene o alcalde expulsounos do goberno en agosto de 2016, polo cal apoiaron unha moción de censura do PPdeG en abril de 2018, ante o cal foron expulsados os concelleiros da formación.

Ante a constitución de En Marea a finais de 2015 Cerna apoiou o proxecto xunto coas candidaturas municipais, pasando a formar parte a gran maioría delas da nova formación política. Trala ruptura de En Marea en xaneiro de 2019 a meirande parte destas candidaturas seguiron formando parte dela, dado que Cerna se había disolto na formación política en 2018. Desta forma, nas municipais de 2019 moitas destas candidaturas concorreron baixo o paraugas de En Marea, baixo a marca de Mareas Locais, ou no caso da metade sur de Lugo con Interior Galego Vivo, o cal se constituiría como partido en maio de 2022.

Candidaturas e resultados

editar
Candidatura Votos % Concelleiros Concello
Somos Cabanas 151 7,69%
1 / 11
Cabanas
Somos Cambados 1162 14,3%
2 / 17
Cambados
Por Chantada 546 10,31%
1 / 13
Chantada
Somos Fene 874 12,87%
2 / 17
Fene
C@urel Vivo 121 13,08%
1 / 9
Folgoso do Courel
Somos Maioría 74 1,55%
0 / 13
Pontedeume
Somos Ribadumia 338 10,97%
1 / 13
Ribadumia
Somos Sanxenxo 351 3,89%
0 / 17
Sanxenxo
Agroma Sober 292 16,82%
2 / 11
Sober
Somos Maioría 1499 8,25%
1 / 21
Vilagarcía de Arousa
Vilalba Aberta 646 7,58%
1 / 17
Vilalba
Xinzo Adiante 1081 18,6%
3 / 17
Xinzo de Limia