Interior Galego Vivo

partido político galego

Interior Galego Vivo é un partido político galego sustentado en diversas agrupacións locais das provincias de Lugo e Ourense que defende condicións dignas de vida no rural galego dende unha perspectiva de esquerda e galeguista. Anteriormente foi unha asociación, rematando por entrar en contacto con En Marea.

Interior Galego Vivo (IG-VIVO)
Partido político galego
Historia
Fundación20221
Posicións políticas
IdeoloxíaEsquerda
Galeguismo
Ruralismo
Ecoloxismo
Democracia participativa
Outros datos
Na rede
https://igv.gal/
Facebook: interiorgalegovivo Editar o valor em Wikidata
1 como partido

Historia editar

Como asociación editar

Constituída inicialmente como unha asociación en defensa dos servizos e a calidade de vida no rural galego, pasou a colaborar coa formación En Marea. Nas eleccións municipais de 2019 varias agrupacións deste partido da provincia de Lugo, vinculadas inicialmente a Cerna e Participación Democrática Directa en 2015, concorreron baixo a marca desta asociación. Desta forma conseguiron un total de 7 concelleiros: 2 en Chantada baixo a formación Por Chantada, 2 en Sober con Agroma Sober, 2 en Folgoso do Courel con C@urel Vivo e 1 en Monforte de Lemos con espertamonforte!. Estas candidaturas formaron parte da oposición neses concellos, dado que o PPdeG logrou a maioría absoluta neses municipios, agás Monforte de Lemos que a logrou o PSdeG.

Como partido editar

Trala definitiva desaparición de En Marea como partido en 2020 estas agrupacións mantiveron a súa actividade política. En 2021 mantiveron unha asemblea no Courel onde aprobaron os seus principios políticos e comezaron a manter contactos con outras agrupacións e asociacións da provincia lucense. En maio de 2022 constituíronse oficialmente como partido tras unha asemblea en Antas de Ulla, sumando precisamente á Alternativa Veciñal de Antas de dita localidade que lograra 1 concelleiro en 2019. A maiores sumaron a formacións da provincia de Ourense vinculadas anteriormente a En Marea como Son de Manzaneda, Son de Trives, Son do Pereiro de Aguiar, Xuntos por Laza ou Xuntos por Chandrexa de Queixa, as cales contaban con representación nos seus concellos e das cales contaran anteriormente con experiencia de goberno Son de Manzaneda e Son de Trives, a primeira coa alcaldía ata 2019 e a segunda como socio minoritario do PSdeG durante 2 meses tralas municipais de 2019.

Nas eleccións municipais de 2023 concorrero con estas formacións xunto coas de Terras de Portomarín, Vilardevós-IGV e San Sadurniño-IGV.

Forza institucional editar

Concello Candidatura Concelleiros
Antas de Ulla Alternativa Veciñal de Antas
1 / 11
Chandrexa de Queixa Xuntos por Chandrexa de Queixa
1 / 7
Chantada Por Chantada
2 / 13
Folgoso do Courel C@urel Vivo
2 / 9
Laza Xuntos por Laza
2 / 9
Manzaneda Son de Manzaneda
2 / 7
Monforte de Lemos espertamonforte!
1 / 17
O Pereiro de Aguiar Son do Pereiro de Aguiar
0 / 13
A Pobra de Trives Son de Trives
2 / 11
Portomarín Terras de Portomarín
0 / 9
San Sadurniño San Sadruniño-IGV
0 / 11
Sober Agroma Sober
2 / 11
Vilardevós Vilardevós-IGV
0 / 9

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar