Antas de Ulla

concello da comarca da Ulloa, na provincia de Lugo

Antas de Ulla é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca da Ulloa. Segundo o IGE, en 2014 tiña 2 152 habitantes (2 219 no 2012, 2 275 no 2011, 2 346 no 2010, 2 407 no 2009, 2 499 no 2008, 2 549 no 2007, 2 573 no 2006, 2 602 no 2005, 2 640 no 2004, 2 676 no 2003). O xentilicio é seoanés, ullán[1] ou ullao.[2]

Modelo:Xeografía políticaAntas de Ulla
Imaxe

Nomeado en referencia arío Ulla Editar o valor em Wikidata
Localización
lang=gl Editar o valor em Wikidata Mapa
 42°46′56″N 7°53′23″O / 42.7823, -7.8897Coordenadas: 42°46′56″N 7°53′23″O / 42.7823, -7.8897
EstadoEspaña
Comunidade autónomaGalicia
ProvinciaProvincia de Lugo Editar o valor em Wikidata
CapitalAntas de Ulla Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación1.887 (2023) Editar o valor em Wikidata (18,2 hab./km²)
Xeografía
Superficie103,66 km² Editar o valor em Wikidata
Altitude600 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Alcaldesa Editar o valor em WikidataPilar García Porto (2023–) Editar o valor em Wikidata
Eleccións municipais en Antas de Ulla Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal27570 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Código INE27003 Editar o valor em Wikidata

Páxina webconcellodeantas.org Editar o valor em Wikidata

Xeografía editar

O concello limita ao norte con Palas de Rei, ao sur con Taboada, ao oeste con Agolada e Rodeiro e ao leste con Monterroso. A capital municipal, do mesmo nome, dista 45 km da capital provincial, Lugo.

Do seu relevo, tendente á horizontalidade, destaca o monte Farelo, con 951 m de altura[3], e da súa hidrografía o río Ulla, que nace na parroquia de Olveda e conta con afluentes coma o Estanco, o Fadal, o Peizal, o Medeiros, o Peibás ou o Pequeno[4].

Demografía editar

Censo total 2014 2.152 habitantes
Menores de 15 anos 147 (6,83 %)
Entre 15 e 64 anos 1.129 (52,46 %)
Maiores de 65 anos 876 (40,7 %)

Fonte: INE

Evolución da poboación de Antas de Ulla   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023
5.409 5.290 5.401 4.287 2.640 2.407 2.275 2.219 2.171 2.152 2.109 2.080 2.059 2.008 1.976 1.940 1.935
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Historia editar

O Neolítico: os primeiros poboadores editar

Crese que os primeiros poboadores do territorio que na actualidade ocupa o Concello de Antas de Ulla se asentaron nesas terras no período Neolítico.

O Megalitismo editar

De especial interese é o Megalitismo, xa que son moitas as antas (tamén chamadas mámoas, modias ou dolmens) que podemos atopar no Concello, aínda que ningunha está escavada. De feito, crese que é da civilización megalítica da que provén o topónimo (anta). Ademais, tamén existe na capital do Concello o chamado Campo das Antas cuxo nome se pode deber aos numerosos dolmens existentes na zona[4]. Neste lugar construíuse unha capela cristiá e, dalgún xeito, cristianízase tamén o seu nome pola confusión que na pronuncia pode haber entre Campo das Antas e Campo das Santas.

O Bronce editar

Do Bronce inicial ou Protoatlántico consérvanse unhas espirais de prata rectangulares, que se poden ver no Museo Provincial de Pontevedra[4].

A arte rupestre: os petróglifos do Monte Farelo editar

A medio camiño entre a Idade de Bronce e a Cultura castrexa é onde se sitúa unha arte rupestre fortemente relacionada co comercio do metal, da que destacan os petróglifos. Os petróglifos que hoxe podemos atopar no Monte Farelo son as mostras desta arte rupestre máis afastadas da costa que atopamos en Galiza e tamén as mellor conservadas.

Son un total de 54 petróglifos que presentan formas de catro tipos: cazoletas, combinacións circulares, espirais e labirintos.

Destes, 22 foron descubertos en 2003 pola investigadora Cristina Varela Cadahía. Con todo, a maioría do conxunto está sen catalogar e o último estudo publicado sobre el, que data de 2000 (María José Bóveda e María Paz Blanco), só se refire a 16 petróglifos. Ademais, non se tomou ningunha medida para protexelos nin están debidamente sinalados.

A Cultura castrexa editar

O mundo castrexo, que se estende desde o século IV a.C. até a caída do Imperio Romano no 476 d.C., tamén deixou unha importante pegada no Concello de Antas de Ulla. De feito, o centro de Galiza é un dos lugares do país no que son máis abundantes estes asentamentos. Son moitos os castros que podemos atopar, como é o caso do das parroquias de Santa Mariña do Castro de Amarante, Amoexa, Olveda ou o Castro de Seoane, situado na capitalidade do Concello no lugar no que hoxe se atopan as instalacións deportivas municipais.

Os castros do concello son[5]:

  • Monxa (Amoexa)
  • Outeiro (Outeiro de Amoexa-Amoexa)
  • Seoane (Antas de Ulla)
  • O Castro e Somoza (Areas)
  • Aboi (Casa de Naia)
  • O Pazo e Xerdimil (A Cervela)
  • Pena Escachelada (Cibreiro)
  • Morgade (Cutián)
  • Os Carreiros (Dorra)
  • Castro Redondo (Queixeiro)
  • Edra (Casteda-Queixeiro)
  • Martín (Reboredo)
  • Vilasión (San Fiz de Amarante)
  • San Martiño (San Martiño de Castro de Amarante)
  • San Lucas (Santa Mariña de Castro de Amarante)
  • Orela (O Castro-Santo Estevo do Castro de Amarante)
  • Castrillón (Vilapoupre).

Idade Media editar

Na Idade Media o poder representábao nestas terras o Castelo de Amarante, situado na parroquia de Castro de Amarante, propiedade dos Noguerol, e que máis tarde pasaría a formar parte da casa de Camarada.

A construción das igrexas parroquiais do Concello datan deste período, e nelas predomina o estilo románico. Ademais, coma no resto de Galiza, son moitos os cruceiros que podemos atopar, de entre os que destaca o cruceiro de Amoexa.

Malia seren numerosas as igrexas parroquiais, o grande centro de poder no concello era o Castelo de Amarante, unha boa mostra de que en Antas de Ulla, coma no resto da Ulloa, o poder civil era máis importante có relixioso. De feito, a Ulloa é a única comarca de Galiza na que acontece isto, xa que non atopamos nesta comarca ningún mosteiro, convento ou catedral, agás o antigo convento de Vilar de Donas en Palas de Rei.


Cultura editar

 
Mapa de Antas de Ulla, Lugo.

Toponimia editar

Entre a súa creación en 1836 e 1916 o concello recibiu simplemente o nome de Antas, pero nese ano pasou a ser chamado Antas de Ulla para distinguilo do concello de Antas (provincia de Almería).[6] O topónimo Antas de Ulla ten dous elementos: Antas do nome común anta (dolmen ou menhir), e Ulla polo río Ulla, que tamén lle dá nome á comarca da Ulloa onde está asentada.[7]

O rexistro máis antigo do topónimo Antas nun documento en galego data de 1390. Trátase dun foro do arquivo de Vilar de Donas en que se fai referencia ao actual Antas de Ulla como Sayoane das Antas,[8] forma abreviada de San Xoán das Antas. A forma moderna, Seoane das Antas, rexístrase por primeira vez en 1473, nunha relación de bens do tombo de Pergamiño do mosteiro de Oseira.[8]

Economía editar

A economía da zona baséase principalmente no sector primario, agricultura e gandería. O sector primario ocupa ó 60 % da poboación. No sector gandeiro predomina a cabana vacún: a rubia galega para carne, e a raza frisoa na produción leiteira.

Os produtos elaborados máis coñecidos de Antas son:

  • O pan de Antas
  • O queixo da Ulloa
  • A carne

Ademais de ovos, castañas, cogomelos, espárragos e outros produtos da terra.

Galería de imaxes editar

Parroquias editar

Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Antas de Ulla

Agüela (San Mamede) | Alvidrón (Santa María) | Amoexa (Santiago) | Antas de Ulla (San Xoán) | Árbol (Santalla) | Arcos (Santa María) | Areas (Santa Cristina) | Barreiro (San Cibrao) | Casa de Naia (Santa María) | A Cervela (San Miguel) | Cibreiro (San Miguel) | Cutián (San Xoán) | Dorra (Santiago) | Facha (San Xiao) | Olveda (Santa María) | Peibás (San Lourenzo) | Queixeiro (San Pedro) | Reboredo (Santiago) | O Rial (Santo André) | San Fiz de Amarante (San Fiz) | San Martiño de Amarante (San Martiño) | Santa Mariña do Castro de Amarante (Santa Mariña) | Santiso (Santalla) | Santo Estevo do Castro de Amarante (Santo Estevo) | Senande (San Miguel) | Terra Chá (San Xurxo) | Vilanuñe (San Salvador) | Vilapoupre (San Martiño)


Lugares de Antas de Ulla editar

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Antas de Ulla vexa: Lugares de Antas de Ulla.

Notas editar

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para ullán.
  2. Costas González, Xosé-Henrique (2016). Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega (PDF). Vigo: Universidade de Vigo. p. 40. ISBN 978-84-8158-706-7. 
  3. "Farelo (s.d.). En Enciclopedia Galega Universal Ir Indo. Vigo: Ir Indo.". Arquivado dende o orixinal o 01 de xullo de 2013. Consultado o 01 de xullo de 2013. 
  4. 4,0 4,1 4,2 "Antas de Ulla. (s.d.). Enciclopedia Galega Universal. Vigo: Ir Indo.". Arquivado dende o orixinal o 01 de xullo de 2013. Consultado o 01 de xullo de 2013. 
  5. O Noso Patrimono, Antas de Ulla
  6. Méndez Fernández, Luz (2016). Real Academia Galega, ed. "Galicia no Decreto de 1916". Boletín da Real Academia Galega (377): 365–383. ISSN 1576-8767. 
  7. Santiso Arias, Andrea (2023). Toponimia de Antas de Ulla. A Coruña: Real Academia Galega. p. 22-23. ISBN 978-84-17807-36-8. 
  8. 8,0 8,1 Tesouro Medieval Informatizado da Lingua Galega (TMILG)

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar


 
 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.