O monte Farelo é o cumio da serra do Farelo, con 951 m de altura. A súa cara suroeste pertence ás parroquias de Ventosa e As Trabancas, no concello de Agolada, mentres que a cara do nordés pertence á parroquia de San Martiño de Amarante, no concello de Antas de Ulla[1].

Monte Farelo dende o monte Faro.

Historia

editar

Antigamente chamábase monte Sumio (tamén Summeo ou Summo).[2] O topónimo Farelo é un diminutivo de Faro, en relación co monte Faro, de maior altitude.[3]

Tradición oral

editar

Existen numerosos ditos que fan referencia á inminencia da chuvia cando o Farelo se cobre de nubes[4][5]:

  • Pon o pucho o Farelo, auga prós eidos.
  • Carapucho no Farelo, auga no pelo ou cando ten pucho o Farelo, auga no pelo.
  • Cando o Farelo pon a monteira, chove anque o ceo non queira.
  • Cando o Farelo pon o capelo, meniñas da Ulla, poñede o mantelo.
  • Cando o Farelo ten sombreiro, os labradores qu'anden con xeito.
  • Néboa no Farelo, millor á noite que á mañán cedo
  1. "Farelo (s.d.). En Enciclopedia Galega Universal Ir Indo. Vigo: Ir Indo.". Arquivado dende o orixinal o 01 de xullo de 2013. Consultado o 01 de xullo de 2013. 
  2. Santiso Arias, Andrea (2021). Toponomástica, documentación histórica e estudo lingüístico: unha aproximación á toponimia maior do concello de Antas de Ulla (PDF) (traballo de fin de grao). Universidade de Santiago de Compostela. p. 57. 
  3. Santiso Arias, Andrea (2023). Toponimia de Antas de Ulla. A Coruña: Real Academia Galega. p. 47-48. ISBN 978-84-17807-36-8. 
  4. Vázquez Saco, F. (2003). Refraneiro galego e outros materiais de tradición oral. En Cadernos de Fraseoloxía Galega 5. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia & Consellería de Educación e Ordenación Universitaria & Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.
  5. Gargallo Gil, J. E. et al. (s.d.). Farelo. En BADARE: base de datos sobre refranes del calendario y meteorológicos en la Romania. Barcelona: Universitat de Barcelona.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar