Ventosa, Agolada
San Xulián de Ventosa (á espera da oficialización da forma Ventosa (San Xiao)[2]) é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Agolada, na comarca do Deza. Segundo o IGE en 2013 tiña 305 habitantes (149 homes e 146 mulleres) distribuídos en 12 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 483 habitantes.
Ventosa | |
---|---|
Concello | Agolada[1] |
Provincia | Pontevedra |
Coordenadas | 42°44′15″N 7°59′11″O / 42.73739364, -7.9864486 |
Área | 16,44 km² |
Poboación | 305 hab. (2013) |
Densidade | 18,55 hab./km² |
Entidades de poboación | 12[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Nesta parroquia existiu unha banda de música: a Banda de música de Ventosa.
Xentilicio
editarO seu xentilicio é ventosino[3].
Patrimonio
editarA igrexa parroquial data do século XIII pero da súa orixe románica tan só permanece a fachada e a nave. No interior destaca o sepulcro do abade Lope de Ventosa e catro paneis completos dun baldaquino.
En Axiaz hai varios túmulos dolménicos e unha casa grande que conserva unha cheminea flanqueada por gárgolas que pertenceu ao escudeiro Lope de Brandariz.
En San Xulián de Chaos hai sartegos antropoides tallados en rocha viva e un castro de pequenas dimensións.
Galería de imaxes
editar- Artigo principal: Galería de imaxes de Ventosa, Agolada.
-
Portada meridional da igrexa.
-
Portada occidental da igrexa.
-
Capiteis da portada occidental.
-
Sepulcro da igrexa de Ventosa.
-
Vista da Igrexa
-
As vinte e catro parroquias que conforman o concello de Agolada.
Lugares e parroquias
editarLugares de Ventosa
editarLugares da parroquia de Ventosa no concello de Agolada (Pontevedra) | |
---|---|
A Aldea do Monte | Axiaz | Buxán | Cartimil | A Eirexe | Grixanova | Laxe | Quintela | Río | Os Toxás | Treilamas | Vilar |
Parroquias de Agolada
editar
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 Decreto 219/1998, do 2 de xullo, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia de Pontevedra.
- ↑ Méndez, Luz. "Toponimia de Agolada". Consultado o 29 de xaneiro de 2022.
- ↑ "Xentilicios_0.pdf" (PDF). p. 25. Consultado o 22 de xullo de 2021.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ventosa, Agolada |
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- Igrexa de San Xulián de Ventosa na páxina web colaborativa Patrimonio Galego.
- Baldaquino de San Xulián de Ventosa na páxina web colaborativa Patrimonio Galego.
- Sepulcro do Abade Lope de Ventosa na páxina web colaborativa Patrimonio Galego.