Brántega, Agolada
San Lourenzo de Brántega é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Agolada. Segundo o IGE de 2018 tiña 67 habitantes 25 homes e 42 mulleres [2] distribuídos en 9 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 240 habitantes. Nesta parroquia tivo a súa sede a Banda de música de Brántega
Brántega | |
---|---|
Igrexa de San Lourenzo de Brántega. | |
![]() | |
Concello | Agolada[1] |
Provincia | Pontevedra |
Coordenadas | 42°47′35″N 8°05′49″O / 42.7931622, -8.0968401Coordenadas: 42°47′35″N 8°05′49″O / 42.7931622, -8.0968401 |
Área | 6,37 km² |
Poboación | 67 hab. (2020) |
Densidade | 10,52 hab./km² |
Entidades de poboación | 11[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Economía Editar
A parroquia de Brántega foi cabeza do concello e nela celebrábase unha importante feira no lugar da Feira Nova o día 26 de cada mes, hoxe desaparecida. Ademais é un nó de comunicacións para as freguesías do arredor e mantén unha certa actividade comercial e de servizos. A súa maior riqueza é a forestal e destaca pola súa produción de cortiza, xa que a sobreira medra en abundancia na cunca do río Arnego, afectada polo incendio de Toiriz en maio de 2018.
A gandería é a principal economía da parroquia e hai plantacións de eucalipto e piñeiro, decote afectadas polos incendios. O resto da economía local é a denominada economía de subsistencia propia das aldeas, entre a que se sitúa a produción apícola, moi afectada polas vespas velutinas[Cómpre referencia].
Patrimonio Editar
Brántega é un nome de raíz céltica. Existen na parroquia varios túmulos funerarios no Campo da Mámoa e en Moas, así como numerosos cruceiros
A igrexa parroquial, do século XVIII, garda un retablo barroco. Ademais da igrexa, hai tres capelas nos lugares de Moas, O Casal e A Feira Nova.
No tocante á arquitectura civil, na aldea de Moas existe un vello casal con escudo nobiliario que pertenceu ao conde de Pallares.
Festas Editar
O titular de Brántega é San Lourenzo, pero a festa patronal e a de San Bartolomeu o 24 e 25 de agosto[3].
Celébrase tamén no lugar da Feira Nova a Festa da Santa Cruz.
Galería de imaxes Editar
- Artigo principal: Galería de imaxes de Agolada.
-
Campo da festa de Brántega.
-
Monumento aos músicos de Brántega.
-
Fonte no campo da feira de Brántega.
-
Vistas do val de Brántega.
-
As vinte e catro parroquias que conforman o concello de Agolada.
Lugares e parroquias Editar
Lugares de Brántega Editar
Lugares da parroquia de Brántega no concello de Agolada (Pontevedra) | |
---|---|
A Carballa | O Casal | Castro | A Eirexe | A Feira Nova | Fondo de Brántega | Moas | Sobrado | As Torres | Vilanova | O Vilar |
Parroquias de Agolada Editar
Notas Editar
Véxase tamén Editar
Bibliografía Editar
- A Comarca do Deza, Armando Vázquez Crespo. Deputación de Pontevedra