Berredo, Agolada
Santa María de Berredo é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Agolada. Segundo o IGE de 2013 tiña 106 habitantes (62 mulleres e 44 homes) distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 171 habitantes.
Berredo | |
---|---|
![]() Igrexa de Santa María de Berredo. | |
![]() | |
Concello | Agolada[1] |
Provincia | Pontevedra |
Coordenadas | 42°49′35″N 8°02′05″O / 42.82644255, -8.03478839Coordenadas: 42°49′35″N 8°02′05″O / 42.82644255, -8.03478839 |
Área | 4,27 km² |
Poboación | 106 hab. (2013) |
Densidade | 24,82 hab./km² |
Entidades de poboación | 5[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Xeografía editar
Está situada ao norte do concello. Limita ao norte co concello de Santiso, ao leste con Eidián e ao sur e ao oeste con Artoño
Patrimonio editar
- Igrexa de Santa María de Berredo, románica, construída a finais do século XII, da que só se conserva a ábsida semicircular e os arranques da nave. Na ábsida, as columnas exteriores foron substituídas por contrafortes ou bandas lombardas; conserva os canzorros e fiestra en arco, tapiada.
Festas editar
A parroquia celebra tres festas no ano: o 3 de febreiro, San Brais; o segundo domingo de maio, Santa Lourdes; e os días 15 e 16 de agosto, Santa María, a patroa e o San Roque respectivamente.
Galería de imaxes editar
- Artigo principal: Galería de imaxes de Agolada.
-
Ábsida da igrexa de Berredo.
-
Canzorros na ábsida da igrexa de Berredo.
-
Construción acaroada á ábsida da igrexa de Berredo.
-
As vinte e catro parroquias que conforman o concello de Agolada.
Lugares e parroquias editar
Lugares de Berredo editar
Lugares da parroquia de Berredo no concello de Agolada (Pontevedra) | |
---|---|
O Almacén | Barrio | A Casa de Ascontra | As Casiñas | Cornella | O Corval | A Eirexe | O Pradeiro | Quintá |