Luz Méndez

lingüísta galega

María Luz Méndez Fernández[1], nada en Ventosa (Agolada) en 1965, é asesora lingüística na Compañía de Radio-Televisión de Galicia e académica correspondente da Real Academia Galega.

Modelo:BiografíaLuz Méndez
Biografía
Nacemento1965 Editar o valor en Wikidata (59/60 anos)
Ventosa, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónlingüista Editar o valor en Wikidata
Membro de

BUSC: mendez-fernandez-luz

Traxectoria

editar

Na TVG, ademais do seu traballo de asesoramento lingüístico, dirixiu o programa divulgativo sobre a lingua galega Cazador de palabras. Especializouse en onomástica, sobre a cal publicou diversos artigos en revistas de ámbito nacional e internacional e máis os seus libros ¿Por que se chama así este sitio? O significado dos nosos nomes de lugar e Toponimia de Agolada. Tamén forma parte do International Council of Onomastics Sciences e é membro fundador da Asociación Galega de Onomástica.

Foi escollida académica correspondente da Real Academia Galega no plenario reunido na sesión ordinaria do 22 de xuño de 2012.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Santorum, Gracia (2009). Dicionario de escritores de Deza. A Estrada: Fervenza. p. 60. ISBN 978-84-96368-00-2. 

Ligazóns externas

editar