Abrir o menú principal

Carmoega, Agolada

Coordenadas: 42°46′48.666″N 8°5′36.298″O / 42.78018500, -8.09341611

Carmoega
Igrexa de Carmoega, Agolada.JPG
Igrexa de San Pedro de Carmoega.
Parroquia de Carmoega do concello de Agolada.png
ConcelloAgolada
Área5,06 km²
Poboación76 hab. (2013)
Densidade15,02 hab./km²
Entidades de poboación8

San Pedro de Carmoega é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Agolada. Segundo o IGE en 2013 tiña 66 habitantes (37 homes e 29 mulleres) https://www.ine.es/nomen2/inicio_r.do distribuídos en 8 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 137 habitantes.

HistoriaEditar

Foi unha antiga xurisdición monoparroquial na que exercía o señorío a obra pía do Santi Spiritus de Melide.

PatrimonioEditar

  • O Pazo da Pena, que data dos últimos anos do século XV, pero experimentou engadidos e reformas posteriores.
  • Casa de Barral.
  • Igrexa parroquial de San Pedro de Carmoega.
  • Capela de Santo André.
  • Capela de San Ramón.
  • O sobreiral de Carmoega é un espazo protexido na Rede Natura

Galería de imaxesEditar

Artigo principal: Galería de imaxes de Agolada.

Lugares e parroquiasEditar

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar