Daniel González Alén
Daniel González Alén, nado en Lalín o 14 de agosto de 1951, é un escritor e investigador galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 14 de agosto de 1951 ![]() Lalín, España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | escritor ![]() |
Familia | |
Pai | Daniel González González ![]() |
![]() ![]() ![]() |
Traxectoria
editarFillo de Daniel González González "O Tío Xanete" animador cultural e personaxe moi coñecido e estimado na comarca de Deza. Traballou no sector da banca, sendo director da sucursal do Banco Bilbao Vizcaya Argentaria en Lalín; anteriormente dirixiu as sucursais de Silleda e Ribadavia.
Colaborou en El Correo Gallego (1973-1976) e A Nosa Terra (1983-1986) e despois en La Voz de Galicia e Faro de Vigo. Tamén colaborou nas emisoras Radio Lalín, Radio Pontevedra, Radio Nacional de España (1981-1985) e Radio Noroeste (1987-1993). Ten participado en numerosos programas na TVG e na TVE. Foi correspondente do Museo de Pontevedra e membro do Padroado Cultural de Lalín e do Seminario de Estudos de Deza.
Traballou como director e guionista do grupo Deza Cinema Galego e participando nas películas O campo galego, Fiadeiras de Zobra, Consello do compadre, Loita, Lalín, Cantigas da emigración e Santuario do Faro, premiadas en numerosos festivais de cinema afeccionado como o de Vilagarcía de Arousa, Vigo e Lugo, e proxectándoas en centos de parroquias e vilas de Galicia entre 1976 e 1985. Dirixiu o xornal La Defensa de Lalín (1980) e colaborou, ademais, na redacción da Gran Enciclopedia Galega.
Foi nomeado cronista oficial de Lalín o 26 de agosto de 2022.[1]
Obra en galego
editarEnsaio
editar- A comarca do Deza, en colaboración con Armando Vázquez Crespo (1989 - 1997)
- O aviador Loriga (1989)
- W. Calvo Garra: Vida de un científico (1991).
- Lalín. Comarca do Deza (1994).
- Loriga: O home que baixou do ceo (1997).
- Lalín, cen anos en fotos I (1999 ).
- Lalín, cen anos en fotos II (2001).
- 25 anos de corporacións democráticas no Concello de Lalín (2004).
- Guía do Camiño de Santiago: O camiño de Inverno pola Comarca de Deza. (2006)
- A Feira do Cocido, 40 anos de historia (2009).
- Melchor Manuel Núñez de Taboada. O erudito lalinense que brillou na Francia revolucionaria (2021).
- A Feira do Cocido. Festa de Interese Turístico Internacional (2022).
Artigos
editar- "Vidal Payo: Unha vida en pedra". Seminario de estudos de Deza (1996).
- "O reloxeiro Evangelino Taboada". Descubrindo. Seminario de Estudos de Deza (1998).
- "Manuel D. Varela Buxán: O patriarca do teatro galego". Seminario de estudos de Deza (2000).
- "Arte rupestre no municipio de Silleda". Descubrindo. Seminario de Estudios de Deza (2013).
- "Manuel González Ferradás, "O Naranxo”". Descubrindo. Seminario de Estudios de Deza (2021).
Obra en castelán
editarEnsaio
editar- Hijos ilustres de Lalín: El aviador Loriga (1976).
- Silleda, la tierra de Trasdeza en la Galicia Central (1978).
Recoñecementos
editarEn 2008 obtivo o "XV Premio Nacional de Periodismo Alvaro Cunqueiro"; en 2015 recibiu a distinción "Lalinense do Ano 2015. Traxectoria de toda unha vida" en recoñecemento ao seu labor como cronista da vila de Lalín e a prol do estudo e divulgación da historia e do patrimonio da comarca de Deza e ao ano seguinte e polo mesmo motivo recibiu a máxima distinción que outorga o Concello de Lalín, a "Folla de Carballo na modalidade de Ouro". Tamén en 2016 a Asociación Cultural A Carballeira de Cercio tributoulle un recoñecemento público polo seu labor de "toda unha vida" a prol da cultura galega e dezá en particular.
Notas
editarVéxase tamén
editarBibliografía
editar- "González Alén, Daniel". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
- Santorum, Gracia (2009). Dicionario de escritores de Deza. A Estrada: Fervenza. pp. 47–48. ISBN 978-84-96368-00-2.
Ligazóns externas
editar
Predecesor: - |
Cronista de Lalín 2022 - actualidade |
Sucesor: No cargo |