Andrea Santiso Arias

filóloga galega


Andrea Santiso Arias, nada en Antas de Ulla en 1998, é unha filóloga galega.

Modelo:BiografíaAndrea Santiso Arias

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1998 Editar o valor en Wikidata (25/26 anos)
Antas de Ulla, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfilóloga Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables

LinkedIn: andrea-santiso-arias-7053659 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Estudou o grao de Lingua e literatura galegas na Universidade de Santiago de Compostela, con premio extraordinario de fin de grao.[1] O seu traballo de fin de grao, sobre a toponimia maior do concello de Antas de Ulla, recibiu o Premio á calidade lingüística en galego.[2] Cursou tamén na USC o mestrado en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensino de Linguas.

A través do Instituto da Lingua Galega participa no proxecto Toponomasticon Hispaniae. É membro do Instituto de Estudos Ulloáns, onde coordina xunto a Fernando García Penas a sección de Filoloxía, Literatura e Toponimia.[3]

Vida persoal

editar

É filla de Xosé Luís Santiso García e de Mari Arias Rodríguez.

  1. "Andrea Santiso Arias". Instituto da Lingua Galega. 
  2. "Entregados os Premios á Calidade Lingüística". Universidade de Santiago de Compostela. 17 de marzo de 2022. 
  3. "Presentación". Instituto de Estudos Ulloáns.