Instituto da Lingua Galega

instituto universitario pertencente á Universidade de Santiago de Compostela

O Instituto da Lingua Galega (ILG) é un instituto universitario pertencente á Universidade de Santiago de Compostela creado en 1971[1][2] para promover o uso e normalización da lingua galega e estudala sincrónica e diacronicamente. Ten a súa sede en Santiago de Compostela, no número 4 da Praza da Universidade, edificio cuxa construción data de 1640[3].

Instituto da Lingua Galega
Medalla de Galiza.svg
Santiago ILGA 01-01.jpg
Sede do ILG
Tipoinstituto de investigación e regulador lingüístico
Data de fundación1971
Director/aXosé Luís Regueira, Ernesto Xosé González Seoane, Rosario Álvarez Blanco, Antón Santamarina e Constantino García
SedeSantiago de Compostela
EnderezoPraza da Universidade, 4. 15782
PaísGalicia
Na rede
http://ilg.usc.es/
Twitter: ilg_usc Instagram: ilg_usc Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]
Placa na sede da institución.

HistoriaEditar

O seu primeiro director foi Constantino García González, estando á fronte da sección de lexicografía Antón Santamarina Fernández, quen o substituíu no cargo (1991-2005). Sucedéronos Rosario Álvarez (desde finais do 2005 a marzo de 2013), Ernesto González (marzo de 2013-xuño de 2018)[4], e desde xuño de 2018 o director da institución é Xosé Luís Regueira.[5]

Tivo un papel destacado na elaboración das normas da lingua galega de 1982 de forma conxunta coa Real Academia Galega, como nas reformas de 1995 e 2004 aprobadas pola RAG [6]. Ademais, leva a cabo diferentes traballos coas novas tecnoloxías da información, coma o Tesouro Medieval Informatizado da Lingua Galega (TMILG, en colaboración co Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades) ou o Tesouro Informatizado da Lingua Galega (TILG).

Acolle no seu seo conferencias, congresos, simposios, xuntanzas e encontros sobre diferentes temas relacionados coa lingua e literatura galegas (normalización lingüística, historia da lingua galega, ensino, sociolingüística etc.)

NotasEditar

  1. "A lingua pide paso". La Voz de Galicia. 29 de abril de 2018. 
  2. "O ILG, 50 anos sinalando o camiño da lingua". La Voz de Galicia, 11 de xuño de 2021.
  3. Informe de Xestión 2015, da USC. páx. 105.
  4. "Ernesto González, novo director do Instituto da Lingua Galega da USC", artigo en El Correo Gallego, 26 de marzo de 2013 (en castelán).
  5. "O catedrático Xosé Luís Regueira é o novo director do ILG da USC". USC. 25 de xuño de 2018. Arquivado dende o orixinal o 26 de xuño de 2018. Consultado o 26 de xuño de 2018. 
  6. "Presentación" e "Nota á décimo terceira edición" das Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego.

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar