Recursos Integrados da Lingua Galega

O Portal RILG (Recursos Integrados da Lingua Galega) é unha plataforma que ofrece os seus servizos de consulta desde 2006, tendo como obxectivo a integración, explotación conxunta e difusión dos recursos textuais e léxicos de tecnoloxía lingüística da lingua galega xerados en distintos proxectos realizados polo Instituto da Lingua Galega (ILG) da Universidade de Santiago de Compostela e polo Seminario de Lingüística Informática (SLI) e o Grupo TALG[1] (Tecnoloxías e Aplicacións da Lingua Galega) da Universidade de Vigo.[2]

Desde 2018, o Portal RILG inclúe o banco de terminoloxía multilingüe do bUSCatermos grazas á colaboración do Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago de Compostela.[3]

Recursos editar

Corpus de Lingua Galega no RILG editar

  • Tesouro Informatizado da Lingua Galega (TILG)
  • Corpus Técnico do Galego (CTG) (textos xurídicos)
  • Corpus Técnico do Galego (CTG) (textos de ecoloxía)
  • Corpus Técnico do Galego (CTG) (textos de economía)
  • Corpus Técnico do Galego (CTG) (textos de informática)
  • Corpus Técnico do Galego (CTG) (textos de socioloxía)
  • Corpus Técnico do Galego (CTG) (textos de medicina)
  • Corpus Xelmírez - Corpus Lingüístico da Galicia Medieval

Corpus paralelos de tradución editar

  • Corpus CLUVI (latín-galego-portugués-portugués-catalán-francés-italiano-español-inglés-alemán-éuscaro-chinés, textos da Biblia)
  • Corpus CLUVI (galego-español, textos xurídicos)
  • Corpus CLUVI (inglés-galego-francés-español, textos do Correo da Unesco)
  • Corpus CLUVI (inglés-galego, programas informáticos)
  • Corpus CLUVI (inglés-galego, textos literarios)
  • Corpus CLUVI (francés-galego, textos literarios)
  • Corpus CLUVI (alemán-galego, textos literarios)
  • Corpus CLUVI (galego-español, textos literarios)
  • Corpus CLUVI (español-galego-catalán-euskara, textos da revista Consumer)
  • Corpus CLUVI (español-galego, textos de turismo)
  • Corpus CLUVI (galego-chinés, subtitulado filmes)
  • Corpus CLUVI (inglés-galego, subtitulado filmes)
  • Corpus CLUVI multimedia (inglés-galego, subtitulado filmes)
  • Corpus Paralelo SensoGal (SemCor inglés-galego)

Dicionarios galegos no RILG editar

  • Dicionario de Dicionarios
  • Dicionario de Sinónimos do Galego
  • Galnet - WordNet 3.0 do Galego
  • DBpedia do Galego
  • Dicionario de Dicionarios do Galego Medieval
  • bUSCatermos
  • Termoteca - Banco de Datos Terminolóxico da Universidade de Vigo
  • Neoteca - Banco de Datos de Neoloxismos da Universidade de Vigo
  • Aquén - Banco de Datos de Toponimia Galega
  • Dicionario CLUVI inglés-galego
  • Dicionario CLUVI francés-galego
  • Dicionario CLUVI español-galego

Notas editar

  1. Repositorio Institucional de la Universidad de Alicante (ed.). "RILG: Recursos Integrados da Lingua Galega". Consultado o 29 de maio de 2018. 
  2. SLI, Grupo TALG, Instituto da Lingua Galega (ed.). "RILG". Consultado o 29 de maio de 2018. 
  3. "RILG". sli.uvigo. Arquivado dende o orixinal o 26/11/2018. Consultado o 16/12/2018. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar