Sociolingüística

A sociolingüística é unha rama da socioloxía e da lingüística que estuda a relación entre a lingua e a sociedade.

Conceptos

editar

Hai tres termos importantes para a sociolingüística que poden ser facilmente confundidos entre si:

  • Variedade: - A variedade é o termo que corresponde, groso modo, ao termo dialecto. Así, por exemplo, as variedades do portugués setentrional son os dialectos do portugués falado no norte de Portugal. A variedade standard é o padrón lingüístico dunha comunidade. Sociolingüisticamente, é común atopar a variedade standard preto do centro de decisión e de poder dunha comunidade. Así, en Portugal, a variedade standard é a falada na rexión de Lisboa. Cada variedade lingüística ten unha gramática propia igualmente válida. Dentro de cada variedade hai tensións e grupos sociais con trazos propios. Dentro de cada variedade lingüística hai variación interna en función dos varios criterios: idade, sexo, escolaridade etc.
  • Variante - O termo variante utilízase nos estudos de sociolingüística para designar o iten lingüístico que é branco de mudanza. Así, no caso dunha variación fonética, a variante é o alófono. Representa, polo tanto, as formas posíbeis de realización.
  • Variábel - A variábel é o trazo, forma ou construción lingüística cuxa realización presenta variantes observadas polo investigador.

Ás veces establécese unha distinción entre a sociolingüística e a socioloxía da linguaxe, cuxo foco estaría no efecto da linguaxe na sociedade. A sociolingüística ten autonomía propia como para que non sexa moi preciso estabelecer esta diferenza xa que estamos a falar do estudo do mesmo feito social: a relación entre a lingua e a sociedade.

A sociolingüística sincrónica céntrase na estrutura sociolingüística e as variacións lingüísticas que dependen das situacións e actitudes dos falantes, mentres que a sociolingüística histórica ou diacrónica ocúpase do cambio lingüístico, a adquisición e difusión das linguas.

Historia

editar

Aínda que o aspecto social da lingua teña chamado a atención desde cedo, pénsese no lingüista suízo Ferdinand de Saussure no inicio do século XX, foi talvez nos anos 1950 cando comezou a investigarse seriamente.

Pioneiros como Uriel Weinreich, Charles Ferguson e Joshua Fishman chamaron a atención sobre unha serie de fenómenos interesantes, tales como a diglosia e os efectos do contacto lingüístico.

Mais pódese dicir que a figura chave foi William Labov[1], quen nos anos 1960 realizou unha serie de investigacións sobre a variación lingüística entre a cidade de Nova York e a vila de Martha's Vineyard, investigacións que revolucionaron a nosa comprensión de como os falantes utilizan a súa lingua e que acabaron por resolver o paradoxo de Saussure.

Sociolingüística galega

editar

Canto á sociolingüística galega, podemos mencionar algúns investigadores e obras relevantes como:

 
Historia da lingua galega.
  1. "William Labov – Martha’s Vineyard – All About Linguistics" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 24 de xuño de 2022. Consultado o 2022-06-26. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • The Language War, Robin Tolmach Lakoff, University of California Press, Berkeley, California, 2000, hardcover, 322 pages, ISBN 0-520-21666-0

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar