Premio Otero Pedrayo
O Premio Otero Pedrayo é un premio honorífico con dotación económica (á altura de 2018, 16000 euros[1]) que conceden dende 1977 as deputacións provinciais de Galicia, co apoio da Xunta de Galicia. Leva o nome de Ramón Otero Pedrayo e recoñece a traxectoria de personalidades que contribuísen a fomentar a cultura galega.
Estrutura
editarO premio escólleo un xurado onde na actualidade están o presidente da Xunta de Galicia, os presidentes das catro deputacións, o presidente da Comisión de Cultura da Deputación que o convoca (de forma rotatoria, é unha das catro deputacións o que o convoca), o Conselleiro de Cultura da Xunta de Galicia, un representante de cada unha das tres universidades galegas, un representante da RAG, outro do Instituto Padre Sarmiento, ademais de cinco persoas independentes designadas pola Xunta, de solvencia científica e literaria.
Premiados
editar- 1977 Carlos Casares
- 1978 Deserto
- 1979 Sección de Arqueoloxía do Instituto Padre Sarmiento
- 1980 Eligio Rivas Quintas
- 1981 Fundación Otero Pedrayo
- 1982 Xaquín Lorenzo e José Fariña Jamardo
- 1983 Grupo Marcelo Macías
- 1984 Antonio Fidalgo Santamariña e a Escola Aberta de Marín
- 1985 Xosé López Calo
- 1986 Xosé Filgueira Valverde
- 1987 Deserto
- 1988 Xesús Alonso Montero, Emilio Duro Peña e Darío Xohán Cabana
- 1989 Instituto da Lingua Galega
- 1990 Isaac Díaz Pardo
- 1991 Xosé Trapero Pardo
- 1992 Antón Fraguas
- 1993 Museo de Pontevedra
- 1994 Asociación de Amigos do Museo Arqueolóxico e Histórico Castelo de Santo Antón
- 1995 Francisco Fernández del Riego
- 1996 Xulio Francisco Ogando
- 1997 Comunidade do Mosteiro de Oseira
- 1998 Museo do Pobo Galego
- 1999 Manuel María e Uxío Novoneyra
- 2000 Miguel Anxo Araúxo Iglesias
- 2001 Fundación Pedro Barrié de la Maza
- 2002 Centro Galego de Bos Aires
- 2003 Centro Galego de Montevideo
- 2004 Hermandad Gallega de Venezuela
- 2005 Sociedade Espanhola de Beneficência (Río de Xaneiro)
- 2006 Real Academia Galega e Laboratorio de Formas
- 2007 Francisco Xavier Río Barxa
- 2008 Marcos Valcárcel
- 2009 Manuel Fraga
- 2010 Casahamlet
- 2011 Basilio Losada
- 2012 Xosé Luís Méndez Ferrín
- 2013 Xosé Neira Vilas
- 2014 Non se resolveu
- 2015 Arcadio López-Casanova
- 2016 Acisclo Manzano e Manuel García de Buciños[2] (Galardón ex aequo)
- 2017 Margarita Ledo Andión[3]
- 2018 Antía Cal e María Xosé Queizán[4]
- 2019 Paco Martín e Ramón Villares[5]
- 2020 Ás fundacións Losada Diéguez, Vicente Risco, Castelao e Otero Pedrayo en homenaxe á Xeración Nós[6]
- 2021 Rosario Álvarez Blanco e Menchu Lamas[7]
- 2022 Ángel Carracedo[8]
- 2023: Darío Villanueva[9]
- 2024: Coral de Ruada[10]
Notas
editar- ↑ "Valentín García participa no acto de entrega do Premio Ramón Otero Pedrayo a Margarita Ledo". Consultado o 19 de marzo de 2018.
- ↑ Deputación de Ourense (ed.). "Os escultores Acisclo Manzano e Manuel Buciños, galardoados co Premio "Otero Pedrayo"". Arquivado dende o orixinal o 23 de marzo de 2018. Consultado o 23 de marzo de 2018.
- ↑ Galicia Confidencial (ed.). "A xornalista Margarita Ledo, primeira muller en recibir o Otero Pedrayo". Consultado o 13 de decembro de 2017.
- ↑ "A pedagoga Antía Cal e a escritora Mª Xosé Queizán gañan o Premio Otero Pedrayo". Deputación da Coruña. 25 de outubro de 2018. Arquivado dende o orixinal o 26 de outubro de 2018. Consultado o 25 de outubro de 2018.
- ↑ "O escritor Paco Martín e o historiador Ramón Villares comparten o Premio Otero Pedrayo 2019". Deputación de Lugo. 13 de decembro de 2019.
- ↑ "Novas - O Portal da Lingua Galega". www.lingua.gal. Consultado o 2020-10-23.
- ↑ "O Premio Otero Pedrayo recoñece as traxectorias de Rosario Álvarez e Menchu Lamas". Real Academia Galega. Consultado o 2021-11-11.
- ↑ Liste, Ana G. (1 de outubro de 2022). ""Cando empecei, a carreira universitaria estaba moi ligada á investigación e había máis posibilidades, agora está moi limitado"". Praza.gal. Consultado o 3 de outubro de 2022.
- ↑ "O catedrático Darío Villanueva, Premio Otero Pedrayo 2023". Nós Diario. 23 de outubro de 2023.
- ↑ "O Premio Otero Pedrayo 2024 recoñece a traxectoria artística de máis dun século da Coral de Ruada". Xunta de Galicia. 2024-10-14. Consultado o 2024-10-15.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Premios Otero Pedrayo Páxina web.