Grupo Marcelo Macías

grupo de investigación de Ourense

O Grupo Marcelo Macías é un grupo de traballo ligado ao Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense e mais ao Arquivo Provincial de Ourense. Fundouse o 14 de xaneiro de 1942, e leva o nome do arqueólogo Marcelo Macías y García (1843-1941). Dedícase ó estudo e á investigación do patrimonio cultural galego e, por outra parte, á difusión dos coñecementos sobre as materias de antropoloxía, arqueoloxía, historia antiga e bibliografía. Para realizar este labor, apóiase na publicación do Boletín Auriense así como as monografías Anexos do Boletín Auriense (desde o ano 1982). O seu primeiro director, Xesús Ferro Couselo, contou coa colaboración de Florentino López Cuevillas, Vicente Risco, Xaquín Lorenzo e Carlos Vázquez Varela.

Grupo Marcelo Macías
Tipogrupo de investicación
Data de fundación1942
Nomeado en referencia aMarcelo Macías
PremiosPremio Otero Pedrayo e Premio Cultura Galega ás Iniciativas en prol do Patrimonio Cultural
EnOurense
PaísGalicia
editar datos en Wikidata ]
Marcelo Macías en 1914.

Membros

editar

Desde a súa formación ata 1975:

Posteriores a 1975:

Traxectoria

editar

No ano 1895 fundouse o Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense que está ligado ó Boletín do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense, que serviu de noticiario das actividades internas e divulgativas do museo. Na súa redacción participaron algúns membros do Grupo Marcelo Macías. Ademais, o grupo organiza exposicións para a difusión dos fondos do Museo mediante mostras temporais. Ditas exposicións, teñen lugar tanto nas salas do museo como nas vilas da provincia, xeralmente combinadas con charlas, conferencias etc. Máis adiante, en 1972 o grupo e a revista foron reestruturados.

No ano 1982, o grupo adaptouse á Lei de Asociacións do 24 de decembro de 1964, e inscribiuse no Rexistro de Asociacións do Goberno Civil de Ourense co nº 292/5-1º e coa denominación: "Grupo Marcelo Macías de colabores del Museo y Archivo Provinciales de Ourense". A partir deses ano comezou a publicar anexos do Boletín Auriense. En 1987, iniciouse a serie de Guías do Patrimonio Cultural. Como recoñecemento á actividade do grupo, este é admitido como membro de pleno dereito na Confederación Española de Centros de Estudos Locais do Consello Superior de Investigacións Científicas no ano 1991. Ese mesmo ano publicou a Historia de los monasterios y prioratos anejos a Celanova.

Publicacións

editar

Boletín do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense

editar

Iníciase a súa publicación no ano 1943 e publícanse seis volumes ata o ano 1953, financiado polo museo e redactado por membros do grupo.

Ten unha periodicidade anual e contén só artigos en castelán. O número de páxinas oscilaba entre as 120 e as 220, sempre escritas a unha columna.

A temática do boletín baseábase en traballos de investigación histórico-arqueolóxica: os de historia eran da etapa medieval e moderna, sendo escasos os da contemporánea. Serviu de noticiario das actividades internas e divulgativas do museo ourensán.

Os seus colaboradores principais foron Florentino López Cuevillas, Xesús Ferro Couselo como director, Vicente Risco, Xaquín Lorenzo Fernández e Carlos Vazquez Rodríguez.

Boletín Auriense

editar

O Boletín Avriense iníciase no ano 1971 e a súa función era difundir os traballos científicos realizados, tanto polos membros do grupo como por outros investigadores. Até o ano 1996, rexístranse vinte e catro publicacións e até o 1999, publícanse catro números máis.

Os catro primeiros números son dirixidos por Ferro Couselo, que é sucedido por Francisco Fariña Busto. A revista publicábase anual ou bianualmente e a súa redacción contaba con textos en galego, castelán e colaboracións espontáneas noutras linguas como francés ou inglés.

O número de páxinas variaba entre 200 e 500. Tiña unha tiraxe aproximada de 2000 exemplares que chegan a institucións de países europeos e a América, distribuídos en centros culturais e universitarios.

A temática oscilaba entre a investigación histórica, arqueolóxica, etnográfica, artes, antropoloxía de Galiza e bibliografía. Desde o 1982, publícanse anexos ó boletín que recollen traballos monográficos dos integrantes do grupo no seu labor de estudo e difusión da cultura galega, por riba de todo respecto de Ourense.

Entre algúns dos seus colaboradores cómpre destacar algúns autores doutras materias (cultura popular, arte, literatura e outros): Ricardo Carballo Calero e Ramón Otero Pedrayo.

Distincións

editar
  1. "Historia del grupo Marcelo Macías" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 15 de marzo de 2016. Consultado o 29 de abril de 2016. 
  2. "O xurado dos Premios da Cultura Galega 2014 outorga oito galardóns á excelencia creativa e á difusión cultural". 17 de setembro de 2014. Consultado o 29 de abril de 2016. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Ligazóns externas

editar