Bieito Pérez Outeiriño
Bieito Pérez Outeiriño, nado na Mezquita (A Merca) o 5 de setembro de 1954, é un arqueólogo, profesor e escritor galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 5 de setembro de 1954 (70 anos) A Merca, España |
Director de museo | |
Actividade | |
Ocupación | arqueólogo |
Traxectoria
editarLicenciado en Filosofía e Letras (especialidade en Arqueoloxía) pola Universidade de Valladolid (1989). É membro do Corpo Facultativo de Conservadores de Museos do Estado dende 1985. Foi conservador facultativo do Museo Nacional de Arte Romana de Mérida (1987-1993), xefe do servizo de Arqueoloxía da Xunta de Galicia (1987-1993), subdirector xeral do Instituto de Conservación e Restauración de Bens Culturais (1993-1998) e dende 1998 ata decembro do 2017[1] foi director do Museo das Peregrinacións e de Santiago. Investiga sobre a ourivería prehistórica do noroeste peninsular, a xestión do patrimonio cultural e os museos. Dirixiu diversas campañas de escavación arqueolóxica en San Cibrán de Las (Ourense) e na Alcazaba de Mérida (Badaxoz), participando en numerosas escavacións e demais actividades arqueolóxicas de campo.
Foi coordinador do equipo redactor do borrador técnico da Lei de Patrimonio Cultural de Galicia e do que se encargou do expediente para a declaración da Muralla de Lugo Patrimonio da Humanidade.
Obras
editar- De ourivesaria castrexa. I. Arracades. Ourense, 1982.
- Museo Nacional de Arte Romano. Madrid, 1988 (en colaboración).
- Sellos de alfarero en terra sigillata hallados en Mérida. Mérida, 1991.
Notas
editar- ↑ Gallego, Grupo El Correo. ""O Museo das Peregrinacións precisa máis dos santiagueses"" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 13 de decembro de 2017. Consultado o 2017-12-12.