Antonio Rodríguez Colmenero
Antonio Rodríguez Colmenero, nado en Lucenza (Cualedro) o 1 de setembro de 1936, é un profesor e arqueólogo galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1 de setembro de 1936 (88 anos) Lucenza, España |
Educación | Universidade de Valladolid |
Actividade | |
Ocupación | arqueólogo, profesor universitario |
Membro de | |
Traxectoria
editarEstudou no Seminario de Ourense e canto gregoriano na Universidade Pontificia de Salamanca e na Sorbona. Foi sacerdote durante dez anos secularizándose en 1974. Licenciado en Filosofía e Letras pola Universidade de Valladolid da que foi profesor de Historia Antiga. Despois foi profesor da Universidade de Deusto, Universidade de Alacant, Oviedo e Santiago de Compostela. Foi catedrático de Historia antiga da Universidade de Santiago de Compostela, campus de Lugo, en 1999.
Foi director dos proxectos de investigación das escavacións arqueolóxicas da cidade de Lugo, do campamento romano de Aquis Querquennis, do Poboado romano de Santa Marta, Oratorio paleocristián de Ouvigo e escavacións de Aquae Flaviae (Chaves, Portugal). Académico numerario da Real Academia Galega de Belas Artes, correspondente da Real Academia da Historia, vicepresidente da Fundación Aquae Quarquennae Vía Nova e director do Grupo Arqueolóxico Larouco e da revista do mesmo nome.
No ano 2011 é recoñecido como Xuíz Honorario do Couto Mixto.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- "Rodríguez Colmenero, Antonio". Dicionario biográfico de Galicia 3. Ir Indo Edicións. 2010-2011. p. 183.
- "Rodríguez Colmenero, Antonio". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
- Barrera, Feliciano, ed. (2002). "Rodríguez Colmenero, Antonio". Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI (en castelán). Santiago de Compostela: El Correo Gallego. p. 499. ISBN 84-8064-113-4.