Benito Fernández Alonso

político e escritor galego

Benito Fernández Alonso, nado en Asperelo (Galez, Entrimo) o 31 de marzo de 1848 e finado en Ourense o 8 de maio de 1922,[1] foi un político e escritor galego. Foi fundador da Real Academia Galega,[2] cronista oficial e concelleiro da cidade de Ourense, e deputado provincial entre outras moitos cargos e responsabilidades que mantivo principalmente no ámbito provincial de Ourense.

Benito Fernández Alonso
Nacemento31 de marzo de 1848
Lugar de nacementoAsperelo
Falecemento8 de maio de 1922
Lugar de falecementoOurense
SoterradoCemiterio de San Francisco de Ourense
NacionalidadeEspaña
Relixióncatolicismo
OcupaciónEscritor, historiador, político
Na rede
Galiciana: 22689
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Fillo de Antonio Fernández Valdivia e Luisa Alonso, en 1862 ingresou no seminario conciliar de Ourense, onde estudou un ano de humanidades, tres de filosofía e dous de grego, até 1867. Antes estudara catro anos de latín e gramática latina cun veciño de Lobios. Deixou a carreira sacerdotal ("Prefiero ser un mal paisano que un mal cura"), dixo para exercer de profesor en San Paio de Arauxo (Lobios), onde só exerceu un ano, e posteriormente abriu unha tenda de panos na praza maior de Ourense. Alí coñeceu os intelectuais da época con quen se relacionou e colaborou até o punto de formar parte do grupo de Marcelo Macías de redactores do Boletín da Comisión Provincial de Monumentos de Ourense.

 
Nunha homenaxe a Marcelo Macías en 1917, de pé (de ezq. a der.): Losada Diéguez, José Osorio Martínez, Xullo A. Cuevillas, Emilio Vázquez Pardo e Jesús Soria. Sentados: Manuel Cambón Fraga, Antonio Gaite Lloves, Benito Fernández e Emilio Amor.
Asperelo en donde como ráfaga de viento vi deslizar mis años infantiles
El río Limia y sus contornos, 1879.

Erudito para o seu tempo, investigador, historiador, político, escritor, comerciante, articulista e cronista da cidade de Ourense, tamén foi:[3]

  • Xestor en Ourense do Folklore Gallego.
  • Cronista da provincia de Ourense desde 1890.[4]
  • Concelleiro no concello de Ourense.
  • Vocal da Xunta de Goberno da Escuela de Artes y Oficios e membro correspondente da Real Academia da Historia.
  • Vocal da Comisión de Monumentos Históricos y Artísiticos Provincial de Orense.
  • Socio de mérito de la Sociedade Arqueolóxica de Pontevedra.
  • Bibliotecario del Círculo Católico de Obreros de Orense.
  • Socio de mérito del Círculo de las Artes de Lugo.
  • Deputado Provincial de Ourense polo distrito de Barco-Viana.
  • Redactor do Boletín da Comisión de Monumentos de Ourense.
  • Conservador do Museo Arqueolóxico Provincial.
  • Membro honorario correspondente na Exposición Rexional de 1909 en Santiago de Compostela.
  • Membro da Real Academia de Belas Artes e Ciencias Históricas de Toledo.
  • Membro da Real Academia das Boas Letras de Barcelona.
  • Presidente da Asociación da Prensa Ourensana.
  • Secretario da Cámara de Comercio e Industria de Ourense.
  • Bibliotecario do Liceo Ourensano.
 
Praza Benito Fernández Alonso na Feira Vella

No ano 2016 a Deputación de Ourense mercou a súa biblioteca con máis de mil títulos á súa propietaria, Elisa Tejada, por 65.000 €. A biblioteca inclúe 17 manuscritos do autor con exemplares únicos de O Tío Marcos d'a Portela e o Álbum Literario, ademais de 46 cabeceiras de diarios da provincia de Ourense.[5]

Entre os seus biógrafos destaca Carmen Barbosa Lorenzo (Ourense 1965) que publicou a súa biografía máis extensa en 1995.[3]

O Concello de Entrimo adicoulle unha praza na aldea da Feira Vella, próxima ao lugar de nacemento do autor.

Obras editar

Como escritor a súa produción bibliográfica é reducida xa que colaborou máis como articulista. A obra publicada está en castelán e aínda está por recompilarse a súa obra en galego.

  • El río Limia y sus contornos[6]. Imprenta de la propaganda gallega, Ourense, 1879, 96 páxinas.
  • Armas de Orense, Imprenta de Antonio Otero, Ourense, 1891, 72 páxinas.
  • Guerra Hispano-Lusitana, Imprenta de Antonio Otero, Ourense, 1893, 145 páxinas
  • El pontificado gallego. Crónica de los obispos de Orense. Imprenta El Derecho, Ourense, 1897, 649 páxinas.
  • Los judíos en Orense, Imprenta de Antonio Otero, Ourense, 1904, 46 páxinas.
  • Orensanos ilustres, Deputación Provincial de Ourense, 1916, 215 páxinas

Galería de imaxes editar

Notas editar

  1. "Fernández Alonso, Bieito". Dicionario biográfico de Galicia, Ir Indo, 2011, t. 2, p. 50. ISBN 978-84-7680-685-2.
  2. "Académicos numerarios". RAG. 
  3. 3,0 3,1 Barbosa Lorenzo 1995.
  4. "Benito Fernández Alonso e a biblioteca da Deputación (Afonso Vázquez-Monxardín en LA REGION)". elcercano.com. 8 de decembro de 2015. Arquivado dende o orixinal o 07 de agosto de 2021. Consultado o 07 de agosto de 2021. 
  5. "La Diputación compra la biblioteca de Benito Fernández Alonso con mil títulos". Faro de Vigo (en castelán). 7/6/2016. 
  6. "El libro de un enamorado de la Limia". 24/07/2022. Consultado o 24/07/2022. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar


Predecesor:
-
 Cronista da provincia de Ourense 
1890 - 1922
Sucesor:
-
Predecesor:
Eugenio Marquina Álvarez
 Cronista da cidade de Ourense 
1915 - 1922
Sucesor:
Emilio Vázquez Pardo