Sociedad del Folklore Gallego

(Redirección desde «Folklore Gallego»)

A Sociedad del Folklore Gallego foi unha sociedade creada en 1881 na cidade da Coruña para estudar a cultura tradicional galega, incluíndo a música, cantigas, danzas, crenzas, costumes e lendas. A sociedade foi creada en imaxe da Folk-lore Society de Inglaterra e constituíu o precedente para a creación da Real Academia Galega en 1906.

Sociedad del Folklore Gallego
Tipoasociación cultural
Campo de traballofolclore
Área de operaciónGalicia
Data de fundación1881
Data de disolución25 de febreiro de 1894
Presidente/aEmilia Pardo Bazán (-) Editar o valor em Wikidata
Organización subsidiariaReal Academia Galega
Persoas relacionadasManuel Murguía e Antonio Machado Álvarez
EnA Coruña
PaísGalicia
editar datos en Wikidata ]

Historia e características editar

A idea da creación da sociedade foi suxerida por Manuel Murguía quen, en varios artigos publicados ao longo de 1881, avogou pola creación dunha sociedade galega para a recompilación do saber e das tradicións populares, secundando así a idea do compostelán Antonio Machado Álvarez (pai do poeta Antonio Machado) creador e redactor das bases de El Folklore español. O 1 de febreiro de 1884 quedou inaugurada oficialmente baixo a presidencia da escritora Emilia Pardo Bazán, creándose un museo e unha biblioteca no antigo consulado da Coruña.

A condesa de Pardo Bazán fíxose cargo das actas e de dar a coñecer a sociedade no estranxeiro. Redactouse un cuestionario que constaba de oito apartados: Galicia y sus habitantes; Idioma y literatura populares de Galicia; Costumbres de Galicia; Fiestas y calendarios popular de Galicia; Creencias y supersticiones populares de Galicia; El trabajo y artes populares de Galicia; Conocimientos populares del jogar o ciencia del vulgo; e El mar.

Os membros da sociedade viaxaron por tódalas comarcas de Galicia, preguntándolle a xente ata as cousas máis triviais como a forma de cortar e peitear o cabelo. Pardo Bazán tomouse a sociedade moi en serio e dedicouse a anotar todo cando oia: os ditos, refráns, cantigas, lendas e tradicións. Como produto do seu entusiasmo e traballo e investigación naceu catro anos máis tarde en 1888 De mi tierra, escolma de artigos sobre o folclore galego.

O 25 de febreiro de 1894 ten lugar unha xuntanza na os membros da directiva e varios asociados, deciden refundar a sociedade baixo o nome de "Academia Gallega", constituíndo un antecedente da Real Academia Galega fundada no 1906.[1]

Notas editar

  1. "A Academia Gallega e José Ruiz y Blasco, pai de Pablo Picasso". Real Academia Galega. Consultado o 2022-05-11. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar