O Tio Marcos d'a Portela

Xornal Galego

O Tio Marcos d'a Portela[1], foi unha publicación aparecida por vez primeira en 1876, sendo daquela editada en Ourense por Valentín Lamas Carvajal. Foi a primeira publicación periódica monolingüe en lingua galega[2].

O Tio Marcos d'a Portela
PARRAFEOS C'O POBO GALLEGO

Ano Primeiro Parrafeo Primeiro 7/2/1876.
Fundación1876
Remata1889
EditorValentín Lamas Carvajal
Linguagalega
LocalidadeOurense
PeriodicidadeQuincenal e semanal
TiraxeAté 4 000 exemplares
Na rede
Galiciana: 577362
editar datos en Wikidata ]
Placa colocada na casa onde se comezou a imprimir o xornal, na rúa Lepanto, 18, de Ourense.

Historia e características

editar

Naceu con carácter quincenal, e aos dous meses pasou a ser semanal. Subtitulado Parrafeos c'o pobo gallego, tivo dúas etapas, a primeira dende 1876 ata 1880 e a segunda dende 1883 ata 1889. Cun marcado carácter literario, obtivo un salientábel éxito en toda Galiza, chegando a tirar catro mil exemplares. Amais das sección literarias, principalmente poéticas, a publicación incluía opinión e actualidade. Mantívose até 1888, cando foi impresa a última edición na cidade de Lugo. Neste mesmo comezou coa publicación nas súas páxinas do Catecismo do labrego, que en 1889 editouse de xeito independente.[3]

Coa mesma cabeceira e o mesmo espírito, as Irmandades da Fala promoveron en Ourense esta publicación entre 1917 e 1919. De carácter quincenal, editáronse 58 números. Dirixida por Higinio Ameijeiras e Xavier Prado Rodríguez, entre os colaboradores figuraban Eladio Rodríguez González, López Abente, Losada Diéguez, Manuel Lugrís e Victoriano Taibo.

Recoñecemento

editar

En 2018 escolleuse o 7 de febreiro como Día dos Medios en Galego para que coincidise co seu aniversario.[4]

  1. O xornal titulábase "O Tio Marcos d'a Portela", segundo as normas ortográficas vixentes sería "O Tío Marcos da Portela".
  2. Historia do xornalismo galego Arquivado 04 de setembro de 2009 en Wayback Machine..
  3. Carballo Calero, Ricardo (1981). Historia da literatura galega contemporánea. Vigo: Galaxia. p. 411. ISBN 84-7154-391-5. 
  4. "Os medios en galego reivindican o seu papel fundamental para a Galicia do futuro". Galicia Confidencial. 3/2/2018. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar