Galez, Entrimo

parroquia civil do concello de Entrimo

San Fiz de Galez é unha parroquia do concello de Entrimo, na comarca da Baixa Limia, provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 264 habitantes, dos cales 127 eran homes e 137 mulleres.

San Fiz de Galez
Tecedora en Galez.
ConcelloEntrimo[1]
ProvinciaOurense
Coordenadas41°55′07″N 8°06′02″O / 41.91864629, -8.10067799
Poboación216 hab. (2017)
Entidades de poboación5[1]
editar datos en Wikidata ]
editar
  • Adios, igrexa de Entrimo,/ tronco de tódalas flores;/ adios, pobo de Galez,/ onde quedan meus amores [2].
  • O río da Feira Vella


/ pasa por baixo da ponte;/ as mozas de Paradela/ deixan o gado no monte [3].

  • Un veciño do lugar/ ten unha vaca marela/ que mercou na Feira Nova/ por seis pesetas e media [4].

Lugares e parroquias

editar

Lugares de Galez

editar
Lugares da parroquia de Galez no concello de Entrimo (Ourense)

Asperelo | A Feira Vella | Galez | Olín | As Quintáns


Parroquias de Entrimo

editar
Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Entrimo

Entrimo (Santa María a Real) | Galez (San Fiz) | A Illa (San Lourenzo) | A Pereira (San Facundo) | Venceáns (San Tomé)

  1. 1,0 1,1 Decreto 332/1996, do 26 de xullo, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da Provincia de Orense.
  2. Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 30. San Fiz de Galez é unha parroquia do concello de Entrimo.
  3. Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 124. Xaquín Lorenzo localiza esta Feira Nova na parroquia de San Fiz de Galez, no concello de Entrimo, pero o Nomenclátor non recolle tal lugar senón A Feira Vella; en todo caso, lémbrese que A Ponte Liñares, lugar da parroquia de Santiago de Güín, no concello de Bande, tamén se coñece como A Feira Nova. Finalmente, San Xoán de Paradela de Abeleda é parroquia do concello de Porqueira, tamén na comarca da Limia.
  4. Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 160. Xaquín Lorenzo localiza esta Feira Nova na parroquia de San Fiz de Galez, no concello de Entrimo, pero o Nomenclátor non recolle tal lugar senón A Feira Vella; en todo caso, lémbrese que A Ponte Liñares, lugar da parroquia de Santiago de Güín, no concello de Bande, tamén se coñece como A Feira Nova.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar