Alberto Vilanova
Alberto Vilanova Rodríguez, nado en Ourense o 5 de xullo de 1910 e finado na mesma cidade o 13 de maio de 1985, foi un ensaísta e profesor galego.
Alberto Vilanova | |
---|---|
Nacemento | 5 de xullo de 1910 |
Lugar de nacemento | Ourense |
Falecemento | 13 de maio de 1985 |
Lugar de falecemento | Ourense |
Soterrado | Cemiterio de San Francisco de Ourense |
Nacionalidade | España |
Ocupación | mestre, xornalista e escritor |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Cursou bacharelato e Maxisterio en Ourense, e Dereito e Filosofía e Letras en Madrid e Valladolid. Foi mestre en Almorfe e Trasmiras. Na República militou no republicanismo de esquerda, dirixiu as Juventudes de Acción Republicana de Ourense e colaborou en La Zarpa e Heraldo de Galicia. Co Golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 estivo preso no mosteiro de Oseira. Finalizada a Guerra Civil traballou como profesor en colexios privados de Chantada e Ourense, onde tamén colaborou na revista Posío. Como consecuencia da invitación do Centro Ourensán para unhas conferencias, trasladouse a Buenos Aires en 1954. Na Arxentina conseguiu a praza de Lingua e Literatura Galaico-Portuguesa na Universidade Nacional da Plata. Entre 1956 e 1959 ocupou a cátedra de Cultura Galega no Centro Lucense de Bos Aires. Rexentou tamén as cátedras de Historia Medieval e Moderna e dirixiu o Instituto de Investigacións Históricas da Universidade Nacional do Nordeste. Foi presidente da Comisión de Cultura do Consello de Galiza. Retornou a Galicia en 1982.
Vida persoalEditar
Casou en Sanín (Ribadavia) con Nieves Fernández en marzo de 1936[1].
ObrasEditar
- Vida y obra de Juan Antonio Saco y Arce.
- Fray Tomás de Lemos en el proceso teológico de Galileo.
- Vida y obra de Manuel Curros Enríquez, 1953. Ediciones Galicia, Centro Gallego de Buenos Aires.
- Ensayo bio-bibliográfico sobre Teodosio Vesteiro Torres, 1955.
- Los gallegos en la Argentina (2 tomos), 1966, Ediciones Galicia, Centro Gallego de Buenos Aires.
- Los días históricos de Galicia, 2002, Ediciós do Castro. Edición e introdución de Alfonso Mato.
PremiosEditar
Galardoado co Premio Nacional de Historia en 1936 pola obra El Padre Mariana y la historiografía de su época e o de Socioloxía polo ensaio Joaquín Costa o el gran dolor nacional.
NotasEditar
- ↑ El Pueblo Gallego, 3-4-1936, p. 11.
Véxase taménEditar
BibliografíaEditar
- Dicionario biográfico de Galicia. Ir Indo Edicións. 2010-2011.
- Gran Enciclopedia Galega (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
- Fernández del Riego, F. (1992) [1990]. Diccionario de escritores en lingua galega (2ª ed.). Do Castro. ISBN 84-7492-465-0.