Real Academia das Boas Letras de Barcelona

A Real Academia das Boas Letras de Barcelona (en catalán: Reial Acadèmia de Bones Lletres de Barcelona) é unha institución académica fundada en Barcelona en 1729 co nome de Academia, herdeira da Academia dos Desconfiados, obtendo o título de Real en 1752, quedando baixo o padroado da Coroa de España que lle encarga, entre outras tarefas, a elaboración do dicionario de catalán.

Real Academia das Boas Letras de Barcelona
Palacio Requesens
Tipoacademia e academia nacional
Data de fundación1729
Presidente/aBorja de Riquer (-) Editar o valor em Wikidata
SedePalau Requesens
EnBarcelona e El Gòtic
PaísEspaña
41°23′00″N 2°10′43″L / 41.3834, 2.17873
Na rede
http://www.boneslletres.cat
Twitter: BonesLletres Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]
Entrada no Palacio Requesens, sede da Academia.

Historia editar

Seguindo o modelo doutras Reais Academias centrou as súas tarefas nun círculo restrinxido de actividades, neste caso acerca da lingua e literatura. Creou cinco cátedras que fixeron posible o retorno da Universidade de Cervera a Barcelona. Contou entre os seus membros con brillantes personalidades da Renaixença: os filósofos Ramon Martí d'Eixalà, Francisco Javier Llorens i Barba, Josep Torras i Bages; os filólogos e escritores Joaquim Rubió i Ors, Manuel Milà i Fontanals, Marià Aguiló, Josep Balari i Jovany, Josep Lluís Pons i Gallarza e Jacint Verdaguer.

A Academia practicou o bilingüismo durante todo o século XIX, cun claro predominio do castelán. Porén, convocou en 1841 e 1857 dous concursos poéticos que serviron para a reinstauración dos Xogos Florais. En 1884, coa publicación da Ortografía da lingua catalá de Balari i Jovany, A. Blanch e Antoni Aulestia Pijoan, a Academia adoptouna como norma lingüística para o catalán, aínda que acabou sendo desprazada pola elaborada por Pompeu Fabra na década de 1910 ó contar co apoio do Institut d'Estudis Catalans. Aínda así, a Academia mantivo esas normas case até a década de 1930, polo empeño de Ramon Miquel i Planas e Francesc Matheu.[1]

Actividades editar

Dispón dun importante arquivo e dunha biblioteca con máis de 70 000 exemplares; a biblioteca de literatura e filoloxía de Martí de Riquer foi doada polos seus herdeiros á Academia (en decembro de 2015) e consta de máis de 5 000 volumes e milleiros de separatas.[2] Dende 1901, publica o biennal Boletín de la Real Academia de Buenas Letras. Contén unha importante colección de moedas emporitanas e catalás medievais. A Asociación de Bibliófilos de Barcelona celebra regularmente as súas sesións públicas na Academia e a coral "Schola Cantorum de Barcelona" colabora coas súas actuacións na vida académica.

Notas editar

  1. Camps, Magí (4 de febreiro de 2017). "La parla es fa norma". La Vanguardia. 
  2. "El Palau Requesens acull la Biblioteca Martí de Riquer". Lletres catalanes (en catalán). 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar