Pompeu Fabra

lingüista español

Pompeu Fabra i Poch, nado en Gràcia o 20 de febreiro de 1868 e finado en Prada de Conflent o 25 de decembro de 1948, foi o estabilizador da actual normativa da lingua catalá.

Pompeu Fabra
Nacemento20 de febreiro de 1868
Lugar de nacementoGràcia e La Salut
Falecemento25 de decembro de 1948
Lugar de falecementoPrades
SoterradoPrades Cemetery
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónlingüista, filólogo, enxeñeiro, profesor universitario, escritor, químico, tenista e romanista
PaiJosep Fabra i Roca
CónxuxeDolors Mestre i Climent
FillosCarola Fabra i Mestre, Teresa Fabra i Mestre e Dolors Fabra i Mestre
Coñecido porDiccionari General de la Llengua Catalana, Ensayo de gramática de catalán moderno e Normes ortogràfiques
Premiosdoutor honoris causa
Na rede
Discogs: 4627130 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]
Pompeu Fabra.

Traxectoria editar

Este enxeñeiro industrial dedicouse desde moi novo ao estudo do catalán. Desde a revista L'Avenç, promoveu unha campaña para reformar a ortografía da lingua catalá (1890-91), que era moi arcaizante, e en 1904 publicou conxuntamente con Jaume Massó i Torrents e Joaquim Casas i Carbó un Tractat d'ortografia catalana.

Fabra participou activamente no I Congrés Internacional de la Llengua Catalana (1906). Xa en 1912 publicou en castelán Gramática de la lengua catalana, unha das obras de máis interese na súa produción, xa que nela reflicte de forma fidedigna a realidade da lingua catalá.

Estabelecido en Bilbao, na capital biscaína ocupou unha cátedra de química, ao mesmo tempo que afondou no estudo dos grandes romanistas. Posteriormente, en 1911 transladouse a Badalona, onde exerceu como catedrático de catalán (praza creada pola Deputación de Barcelona, que presidía Enric Prat de la Riba). Tamén foi socio da sección filolóxica do Institut d'Estudis Catalans (IEC), entidade que máis adiante presidiría.

Precisamente, o Instituto publicou en 1913 as Normes ortogràfiques, e pouco máis tarde (en 1917), o Diccionari ortogràfic. Un ano despois, en 1918, Pompeu Fabra deu ao prelo a Gramàtica catalana. Xa no ámbito puramente pedagóxico, no mesmo ano publicou o Curs mitjà de gramàtica catalana, ao abeiro da Associació Protectora de l'Ensenyança Catalana.

A sona e prestixio acadados por Fabra i Poch levou a que en 1932 fose nomeado sen oposición como catedrático da Universitat de Barcelona. Porén, en 1939, após a guerra civil española, exilouse a Francia, residindo en París, Montpellier (cidade na cal presidiu os Xogos Florais de 1946) e Prada de Conflent.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar