Manuel Milà i Fontanals

filólogo, erudito e escritor catalán

Manuel Milà i Fontanals, nado en 1818 en Vilafranca del Penedès e finado en 1884, foi un filólogo, erudito e escritor. Considérase un dos impulsores da Renaixença, mercé aos seus esforzos na restauración dos Jocs Florals (Xogos florais), e no campo ortográfico.

Manuel Milà i Fontanals
Nacemento4 de maio de 1818
Lugar de nacementoVilafranca del Penedès
Falecemento16 de xullo de 1884
Lugar de falecementoVilafranca del Penedès
SoterradoCementiri de Vilafranca del Penedès
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Cervera
Ocupaciónfilólogo, escritor, historiador da literatura, romanista e crítico literario
IrmánsPau Milà i Fontanals
editar datos en Wikidata ]
Busto de Manuel Milà i Fontanals.

Traxectoria editar

Licenciouse en Dereito nos Estudis Generals de Barcelona. Entre 1838 e 1844 estuda en París, investigando directamente sobre manuscritos a poesía provenzal. A partir de 1845, retorna a Cataluña, doutorase en Filosofía e Letras e un ano despois gaña a cátedra de Literatura na Universidade de Barcelona.

Cabe notar a súa actividade como historiador da literatura medieval catalá e a súa intervención, a fins do século XIX, nas polémicas sobre a unificación da ortografía. Propuxo, en 1861, a división dialectal do catalán en dous grandes bloques: oriental e occidental.

Obra editar

Estudou con novas perspectivas a poesía popular catalá:

  • Observacions sobre la poesía popular (1853).
  • Romancerillo Catalán (1882).

A poesía trobadoresca;

  • De los trovadores en España (1861).

A literatura castelá antiga;

  • De la poesia heroico-popular castellana (1874).

A literatura catalá antiga;

  • Resenya històrica i crítica dels antics poetes catalans.

O psicoloxismo escocés;

  • Principios de Estética (1857-1869).

As súas Obras completas, foron editadas por Marcelino Menéndez Pelayo de 1886 a 1896.