El Gòtic

barrio de Barcelona

Coordenadas: 41°22′57.00″N 2°10′38.58″L / 41.3825000, -2.1773833

El Gòtic (en galego, O Gótico) é un dos catro barrios que forman o distrito de Ciutat Vella da cidade de Barcelona.

Situación do barrio.

O Barrio Gótico é o núcleo máis antigo da cidade e o seu centro histórico. O cardus e o decumanus romanos son os eixos de urbanización históricos do barrio na súa parte máis alta, o antigo Monte Tàber (Plaça de Sant Jaume).

Á súa vez, está composto por diferentes barrios que conservan a súa propia personalidade: la Catedral, el Call i Sant Felip Neri, Sant Just, el Palau, el Pi, Santa Anna i la Mercè.

A estrutura do barrio permaneceu intacta ata o século XIX, período que traerá grandes transformacións na estrutura e morfología do barrio, por exemplo, a transformación dos cemiterios parroquiais en prazas públicas, o baleirado de grandes edificios co consecuente cambio de uso ou a derriba das murallas.

Actualmente consérvanse anacos da primeira muralla na praza da Catedral de Barcelona. Na rúa Ataulfo existe unha capela gótica que pertenecia a un palacio e coñécese pola Capela do Palacio.

Galería de imaxes Editar

Véxase tamén Editar

Ligazóns externas Editar