Coordenadas: 41°23′00″N 2°10′38″L / 41.3834, 2.17716

O Monte Tàber é un outeiro situado no barrio Gótico de Barcelona, a 16,9 metros sobre o nivel do mar, e que acolleu o primeiro asentamento romano da nova Barcino. É difícil de percibir polas edificacións da cidade, pero a pendente dalgunhas rúas permite notar a diferenza de cota entre a cidade romana, situada sobre o montículo, e os terreos máis baixos por exemplo a baixada da Llibreteria, a baixada de Santa Eulàlia ou as escaleiras da praza da Catedral. O seu cume está sinalado por unha lousa sobre a rúa Paradís, ante a sede do Centre Excursionista de Catalunya. Dentro deste edificio tamén se atopan as columnas do templo de Augusto, vestixio de Barcino.

Placa indicando a altura do Monte Tàber.
A lousa que sinala o cume.

Véxase tamén editar