Historia da literatura galega contemporánea

ensaio de Ricardo Carballo Calero

Historia da literatura galega contemporánea é unha obra de Ricardo Carballo Calero publicada pola Editorial Galaxia en 1963.[1] En 1975 fíxose unha 2ª edición ampliada:

Historia da literatura galega contemporánea
Portada da edición de 1975
Autor/aRicardo Carballo Calero
OrixeGalicia
LinguaGalego
Tema(s)Literatura galega (1808-1936)
Xénero(s)Ensaio
EditorialEditorial Galaxia
Data de pub.1975, 2ª ed. (1963)
Páxinas896
ISBNISBN 84-7154-227-7
editar datos en Wikidata ]
En 1963 foi imprentada unha parte desta obra, que comprendía os primeiros oito capítulos. Estaba prevista a aparición dun segundo volume que contería o resto do traballo... Cando ao final se rematou a tarefa, estimouse preferíbel reunir nun só tomo toda a obra; así que esta é unha segunda edición daquel primeiro tomo, completada cos capítulos proxeitados inicialmente para constituír o segundo. É, logo, unha segunda edición aumentada![2]

Reeditouse en 1981[3] e 2001[4]. Galaxia tirou en 2020 unha nova edición facsímile da de 1981 (ISBN 978-84-9151-421-3).[5]

A Editora Nacional de Madrid publicou en 1976 unha tradución da primeira edición.

Contido

editar

O estudo abrangue de 1808 a 1936

Como estaba previsto desde que se planeou a obra, esta comprende a literatura galega aparecida entre 1808 e 1936, fitos importantes na evolución da mesma. Mais o editor e o autor teñen convido en non interrumpir a información sobre aqueles autores xa ben coñecidos en 1936 que continuaron en activo despois desa data. Séguese, pois, a súa carreira até o presente, no seu caso. Incluímos no noso estudo aos que en 1936 tiñan publicado libros, e prescindimos dos que por entón somente encetaran a súa carreira, por moi soados que chegaran a ser posteriormente. Realmente, damos por rematado este estudo co dos membros da derradeira promoción do Seminario de Estudos Galegos, nados arredor de 1910.[6]
Introdución
  • Lingua e literatura
  • Historiografía
I. A literatura galega dende a Invasión Francesa ata a morte de Fernando VII
II. O Romantismo. Precursores de Rosalía
Amósanse, a continuación, algunhas das
imaxes das 14 láminas que inclúe o libro.
  
Portadas do Álbum de la Caridad e de Los Precursores
  
Xosé Fernández Neira e Nicomedes Pastor Díaz
  
Xan Manuel Pintos e Marcial Valladares
  
José García Mosquera e Francisco Añón
  
Francisco María de la Iglesia e Benito Vicetto
  
Manuel Murguía e Andrés Martínez Salazar
 
Bernardino Álvarez, Robustiano Faginas, Tettamancy, Modesto Garrido, Vaamonde, Bernardo Faginas, Barreiro, Chané, Murguía e Carré.
  
Rosalía con Murguía e os fillos e Eduardo Pondal
 
Curros con Xosé Oxea, Manuel Murguía, Andrés Martínez, Euxeo Carré, Florencio Vaamonde, Francisco Tettamancy i Eladio Rodríguez.
  
Valentín Lamas Carvajal e Benito Losada Astray
  
Evaristo Martelo Paumán e Manuel Leiras Pulpeiro
  
Aureliano Pereira e Alberto García Ferreiro
  
Florencio Vaamonde Lores e Enrique Labarta
  
Manuel Lugrís Freire e Heraclio Pérez Placer
  
Manuel Núñez González e Antón Villar Ponte
  
Xosé Lesta Meis e Xaime Quintanilla Martínez
 
IV Asemblea Nacionalista. Entre outros están: Castelao, Casal, Losada, Antón Villar Ponte, Manuel Antonio, Blanco Torres e Otero Pedrayo
 
Entrada dos poetas no SEG en 1926 en Santiago. Están, entre outros: Cuevillas, Taibo, Risco, López Abente, Cabeza de León, A. Villar Ponte, Filgueira, Castelao, Otero Pedrayo, Lugrís, Leandro Carré e Vidal Rey.
III. Introducción ao estudo do Renacimento pleno
IV. Rosalía de Castro
  • Importancia de Rosalía
  • A vida
  • Physis
  • Psyshé
  • A invención dos Cantares
  • Contido
  • Comentario
  • Métrica
  • Follas Novas. Contido
  • Do folclore á metafísica
  • Visión da vida humá
  • A métrica en Follas Novas
  • Relacións e débedas
  • A prosa rosaliá
  • Lingua
  • Estilo
V. Eduardo Pondal
  • O bo bergantiñán
  • Aristocracia
  • Topónimos
  • Antropónimos
  • Bardismo
  • Civismo
  • Bucolismo
  • A natureza viva
  • A muller
  • Dos Rumores aos Queixumes
  • Os Eoas
  • Lingua
  • Rasgos estilísticos
  • Métrica
VI. Manuel Curros Enríquez
VII. Os Diádocos
VIII. Os Epígonos
IX. A literatura postrenacentisa
X. A época das Irmandades
O Grupo Nós
XII. Os Novecentitas
XIII. Os tempos do Seminario
Acabouse de imprimir nos talleres de Artes Gráficas Galicia, de Vigo, esta segunda edición da Historia da literatura galega contemporánea, de Ricardo Carballo Calero, o día 24 de febreiro de 1975, data en que se compren cento trinta e oito anos do nacimento de Rosalía de Castro, que tivo lugar na mesma cidade de Santiago de Compostela onde o autor puxo o ramo á súa obra.

Proxección

editar

Esta monumental historia da literatura galega contemporánea é a obra máis importante do autor e unha contribución fundamental á historiografía da literatura en lingua galega, fonte na que beben os estudos posteriores.

Inclúe unha completa Bibliografía dos doce capítulos tratados. Tamén achega uns extensos Índices: onomástico, de obras, de revistas e xornais, de láminas, xeral. O índice de obras serviu de guía na exposición O libro galego onte e hoxe (1979) en Santiago de Compostela.[7]

Segundo Henrique Rabuñal: unha obra monumental que supuña un tratamento dignificador da nosa propia literatura abordada con rigor, autonomía e precisión.[8]

Carballo Calero engade nunha conversa con Carmen Blanco:[9]

... foi a obra en que invertín, efectivamente, un maior número de horas de traballo e na que consumín un maior número de anos en reunir datos, consultar textos e organizar sistematicamente a materia. Esa obra non vai máis alá da miña propia xerazón. Foi concebida desde o primeiro momento por min dentro dos límites que se me sinalaron...
  1. Valverde, Albeerto (Xullo, agosto, setembro 2020). "Carballo Calero e a Historia da Literatura". Grial. LVIII (227): 82. ISSN 0017-4181. 
  2. Carballo Calero, Ricardo (1975). Historia da literatura galega contemporánea. Editorial Galaxia. ISBN 84-7154-227-7. 
  3. Carballo Calero, Ricardo (1981). Historia da literatura galega contemporánea. Editorial Galaxia. ISBN 84-7154-391-5. 
  4. Carballo Calero, Ricardo (2001). Historia da literatura galega contemporánea. Editorial Galaxia. ISBN 978-84-7154-390-5. 
  5. "Volver a clase co manual de Carvalho". La Voz de Galicia (en castelán). 2020-07-06. Consultado o 2020-07-06. 
  6. Carballo Calero 1975, p. 8.
  7. Vilariño Pintos, Daría; Pardo Gómez, María Virtudes (1981). O libro galego onte e hoxe. Catálogo da Exposición Bibliográfica Santiago, maio-xuño 1979. USC. ISBN 84-7191-252-X. 
  8. Rabuñal, Henrique (2020). Ricardo Carvalho Calero. O anxo da terra. Galaxia. p. 158. ISBN 978-84-9151-436-7. 
  9. Blanco, Carmen (1989). Conversas con Carballo Calero. Galaxia. p. 113. ISBN 84-7154-654-X. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar