Francisco Porto Rey

xornalista e escritor galego

Francisco Porto Rey, nado na rúa do Carme do Carril (Vilagarcía de Arousa) o 16 de xaneiro de 1876 e finado en Vigo o 22 de maio de 1941, foi un xornalista e escritor galego e galeguista.

Infotaula de personaFrancisco Porto Rey

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento16 de xaneiro de 1876 Editar o valor en Wikidata
O Carril, España Editar o valor en Wikidata
Morte22 de maio de 1941 Editar o valor en Wikidata (65 anos)
Vigo, España Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista , escritor Editar o valor en Wikidata
Membro de
LinguaLingua galega e lingua castelá Editar o valor en Wikidata
Familia
FillosRamón Porto Casás Editar o valor en Wikidata

Galiciana: 169137 BNE: XX1380470
Non confundir con Francisco de Asís Porto Rey (Santiago de Compostela, †1937).

Traxectoria

editar

Fillo de Francisco Porto Codesido e Carmen Rey Formoso. Francisco comezou os estudos de dereito, pero deixounos para dedicarse principalmente á literatura e ao xornalismo, ademais do seu traballo principal na xefatura dos talleres da Compañía dos Camiños de Ferro de Galicia en Vilagarcía. Colaborou en El Ciclón, El Cínife, Faro de Vigo, Galicia, Villagarcía-Carril e Galicia Nueva, e en El Eco de Galicia e no diario La Nación de Bos Aires onde publicou unha serie de "Cróneca(s)" de actualidade e algunhas narracións. Na súa faceta como escritor adoitaba asinar as obras como Farruco Porto Rey. Colaborou con Castelao en diversas publicacións, nas que o político nacionalista achegaba as súas ilustracións.

Publicou varias obras bilingües e o Diccionario gallego-castellano, que apareceu en fascículos no semanario Villagarcía-Carril ata o 17 de xuño de 1900 (foi reeditado pola Real Academia Galega no ano 2000). É un dicionario bilingüe coas entradas en galego –só recolle como lemas as formas galegas distintas do castelán– e as definicións e equivalencias en castelán. Conta con preto de 15.000 entradas e nel refúndese o material dos traballos lexicográficos precedentes. A principal fonte de referencia é o Diccionario gallego de Cuveiro Piñol. Como novidade, proporciona a categoría gramatical dos lemas, e inclúe outros datos como a procedencia ou o étimo da palabra e a delimitación do campo do saber ao que pertence. A maior parte deste dicionario consérvase en folios manuscritos, aínda que moitos deles non presentan unha redacción definitiva. Foi académico correspondente da Real Academia Galega (1908).

Tivo relación coas Irmandades da Fala, o Partido Galeguista e as Xuventudes de Defensa. Ademais exerceu como emprendedor cultural animando e participando na creación de diversas publicacións periódicas en Vilagarcía así como do teatro Salón Varietés, unha sala de cinema con capacidade para 500 espectadores que se inaugurou o 14 de agosto de 1908.

  • Las mil y una composiciones, 1894.
  • Pisto, 1894 (bilingüe).
  • Diccionario gallego-castellano, 1900
  • Papel e tinta, 1901 (poesía bilingüe, con prólogo de Lisardo Barreiro).
  • Ilusiones, 1903.
  • O Alalá, 1906 (diálogo en verso galego aparecido en El Eco de Arosa).
  • Cascarrabias ou o filósofo das carqueixas, 1912.
  • Fermosinda, 1918.
  • A tola de Sobrán, 1927 (comedia nun acto estreada polo Cadro de Declamación da Irmandade da Fala da Coruña en 1920).

Recoñecementos

editar

O Concello de Vilagarcía de Arousa recoñeceu a súa obra e intervención social dándolle nome a unha das rúas da vila arousá[1] no barrio de Fontercarmoa,[2] cuxas rúas levan nomes de destacados escritores.

Vida persoal

editar

Fillo de Francisco Porto Codesido, primeiro maquinista da locomotora Sar, a primeira máquina de tren que realizaba os traxectos do primeiro camiño de ferro de Galicia entre O Carril e Santiago de Compostela, e de Carmen Rey Formoso. Tivo nove irmáns (Manuel, Domingo, José, Moncho, Josefina, Luisa, Sara, "Tia" Ermitas e Carmen). Josefina Porto Rey casou con Charles Lessner,[3][4] enxeñeiro da Galicia Railway Company que construíu devandita liña de ferrocarril. Ao seu finamento Lessner foi soterrado no English Naval Cemetery de Rubiáns.

A familia paterna dos Porto procede do Concello de Cerdedo e segundo informacións familiares, aínda sen documentar, teñen entre os seus devanceiros un irlandés que chegaría a Galicia fuxindo das persecucións por parte dos ingleses[5], no século XVII, posiblemente derivada da Flight of the Earls.

Casou coa mestra Antonia Casás Santiso (1857-1930) e tivo dezasete fillos, entre eles Xoaquín, que foi secretario do concello de Vilagarcía, Ramón Porto Casás e Manuel Porto Casás, apresado polos nacionalistas franquistas pola súa militancia galeguista. A actriz Mercè Pons Veiga e o economista Joám José Romero Durán son algúns dos seus bisnetos.

  1. Rúa de Francisco Porto Rey, no rueiro de Vilagarcía.
  2. Rúa Francisco Porto Rey Arquivado 17 de outubro de 2013 en Wayback Machine., en Dato Capital.
  3. "O vilagarcián afillado de Marx". Voz de Galicia. 2013-03-17. Consultado o 2023-09-10. 
  4. Fillo de Friedrich Leßner, xastre de orixe alemá exiliado en Londres pola súa militancia comunista, e afillado de Karl Marx.
  5. Entrevista a Xoaquin Porto Casas, fillo de Porto Rey, en La Voz de Galicia (1994)

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Ligazóns externas

editar