El Ciclón
El Ciclón foi un semanario de publicación irregular con diferentes etapas, editado en Santiago de Compostela e Pontevedra entre 1883 e 1900.
El Ciclón | |
---|---|
Lingua | lingua castelá e lingua galega |
Localidade | Pontevedra e Santiago de Compostela |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia e características
editarPrimeira etapa
editarSubtitulado Periódico satírico que Sopla todos los sábados, apareceu en 1883 baixo a dirección de José Peña Meléndez en colaboración co seu irmán Valentín Peña. Dedicado á crítica política e social, acollía as seccións "Rachas", "Temblores", "Telegramas", "Borrascas Poéticas", "Tarjetas postales" e "Anunciomanía". Colaboron Alfredo Vilas, Luís Taboada e Aureliano Pereira. Publicou poemas en galego de Benito Losada, Manuel Martínez González e Fernando García Acuña, un conto en verso de José Tresguerras Melo, e poemas en castelán de Javier Valcarce Ocampo e Juan Barcia Caballero.
Segunda etapa
editarEn maio de 1889 comezou unha nova andaina co subtítulo Periódico satírico. Sopla todos los jueves. Desta época son os poemas en galego de Adolfo Mosquera e Javier Valcarce Ocampo, á parte de varias poesías en castelán. En abril de 1891 pasou a subtitularse Periódico satírico. Sopla todos los viernes. Publicou poemas satíricos en galego de Adolfo Caamaño e fixo publicidade de libros de poemas de Heraclio Pérez Placer.
Terceira etapa
editarA última etapa abrangue dende xaneiro ata marzo de 1900. Contiña numerosos poemas en castelán nas seccións "Borrascas poéticas" e "Temblores". Foi continuado por El Cínife.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: El Ciclón |
Bibliografía
editar- "Ciclón, El". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
- "Ciclón, El". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
- Santos Gayoso, Enrique (1990). Historia de la prensa gallega 1800-1986. Cuadernos do Seminario de Sargadelos (en castelán) 52. Sada: Ediciós do Castro. ISBN 84-7492-489-8.
- Vilavedra, Dolores, ed. (1997). Diccionario da literatura galega. Publicacións Periódicas II. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-8288-137-X.