Aureliano Pereira
Aureliano José Pereira de la Riva, nado en Lugo o 22 de xaneiro de 1855[1][2] e finado en Madrid[3] o 31 de outubro de 1906,[1][4] foi un político, xornalista e escritor galego.
Aureliano Pereira | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 22 de xaneiro de 1855 |
Lugar de nacemento | Lugo |
Falecemento | 31 de outubro de 1906 |
Lugar de falecemento | Madrid |
Nacionalidade | España |
Ocupación | xornalista e político |
Na rede | |
![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
De orixes familiares humildes, non lle foi posible cursar estudos superiores.
Labor periodísticoEditar
Desempeñou o labor de xornalista en publicacións periódicas como El Heraldo Gallego, El Diario de Lugo e El Regional (que dirixiu desde a súa fundación en 1884 ata 1893). Colaborou con varios periódicos e revistas como La Ilustración Republicana Federal (1872),[2] El Bazar (1874), La Familia (1875), Barcelona Cómica (1895), La Ilustración Española y Americana[5] o El País.[4] A finais de 1899, en Madrid, encargouse da dirección, e foi redactor, da revista Nuevo Mundo[6], El Nacional e outros periódicos.[5]
Ideoloxía políticaEditar
Liderou o rexionalismo federalista da segunda metade do século dezanove. Estivo afiliado durante anos ao Partido Republicano Federal de Galicia,[7] no que ocupou cargos de certo relevo provincial, chegando a ser elixido concelleiro de Lugo en 1887. O seu peso na organización federal viría confirmarse ao ser nomeado, conxuntamente con Manuel Mosquera Lequerica e Modesto Moyrón, membro da comisión encargada, xunto a Moreno Barcia, da redacción do Proxecto de Constitución para o futuro Estado Galego, texto clave do federalismo en Galicia, que sería discutido e aprobado na Asemblea de Lugo do 2 ao 7 de xullo de 1887.
Sen abandonar o federalismo, en 1890 intégrase na Asociación Regionalista Gallega de Manuel Murguía e Alfredo Brañas, como Secretario do Comité Rexionalista de Lugo. Sendo un caso único no galeguismo do século XIX, ao articular o rexionalismo cultural e político co federalismo republicano.
Republicano convencido, contrario ao caciquismo, partidario dunha sociedade laica e inimigo do sistema foral, foi un home preocupado pola situación da muller do seu tempo e un simpatizante do movemento obreiro.
Apartado da practica política rexionalista desde 1893, apoia o Partido Liberal Fusionista. En 1894 trasládase a Madrid cun posto de modesto funcionario no Ministerio de Fomento, e alí tamén, afastado de Galicia, transcorreron os derradeiros anos da súa vida.
ObraEditar
Entre a súa obra poética, na súa totalidade en lingua galega, destacan Cousas da aldea (1891) Terra a miña (1891) e A cova da serpe (1892), coas que obtería galardóns diversos en certames e xustas. Publicou ademais numerosas composicións soltas en xornais e revistas. Así mesmo, preocupado polo futuro da literatura galega, sentiu a necesidade de crear unha editorial, obxectivo que se acadaría finalmente co nacemento da Biblioteca Gallega, impulsada por Andrés Martínez Salazar e Juan Fernández Latorre.
TítulosEditar
NotasEditar
- ↑ 1,0 1,1 Carballo (1975), p. 439
- ↑ 2,0 2,1 Máiz (2006), p. 14
- ↑ "«Necrología». La Correspondencia de España (Madrid) (17.795)". Biblioteca Virtual de Prensa Histórica. 31-10-1906. p. 2. Consultado o 02-06-2018.
- ↑ 4,0 4,1 Máiz (2006), p. 34
- ↑ 5,0 5,1 Ossorio (1903), p. 339
- ↑ Revista Gallega, 244, 12-11-1899, p. 3.
- ↑ Máiz (2006), p. 35
- ↑ Soledad Arquivado 04 de xaneiro de 2015 en Wayback Machine.
- ↑ El Regionalismo Arquivado 04 de xaneiro de 2015 en Wayback Machine.
- ↑ Poesías Arquivado 04 de xaneiro de 2015 en Wayback Machine.
- ↑ Romancero de la ciudad de Lugo Arquivado 04 de xaneiro de 2015 en Wayback Machine.
- ↑ A Cova d'a serpe Arquivado 04 de xaneiro de 2015 en Wayback Machine.
- ↑ El Regionalismo y la poesía gallega Arquivado 04 de xaneiro de 2015 en Wayback Machine.
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Aureliano Pereira |
BibliografíaEditar
- Carballo Calero, Ricardo (1975) [1963]. Historia da literatura galega contemporánea. Vigo: Galaxia. ISBN 84-7154-227-7.
- Fernández del Riego, Fernando (1992) [1990]. Diccionario de escritores en lingua galega (2ª ed.). Do Castro. ISBN 84-7492-465-0. (2ª ed.). Edicións do Castro. ISBN 84-7492-465-0.
- Máiz, Ramón; Martínez Eiras, Esther (2006). "Aureliano Pereira. Escritos sobre Federalismo e Galeguismo" A Coruña: Xunta de Galicia (CIRP). ISBN 978-84-453-4302-9.
- Ossorio y Bernard, Manuel (1903). «Pereira (Aureliano J.». Ensayo de un catálogo de periodistas españoles del siglo XIX. Madrid: Imprenta y litografía de J. Palacios.
Ligazóns externasEditar
- Aureliano Pereira na Biblioteca Virtual Galega.
- "Lembranza de Aureliano J. Pereira" 22/01/15, RAG.