Modesto Moyrón Carreras
Modesto Moyrón Carreras, nado en Zamora en 1849 e finado en Madrid o 30 de decembro de 1924, foi un escritor, xornalista e político republicano español.
Modesto Moyrón Carreras | |
---|---|
Nacemento | 1849 |
Lugar de nacemento | Zamora |
Falecemento | 30 de decembro de 1924 |
Nacionalidade | España |
Ocupación | xornalista |
Fillos | Modesto Moyrón Arias |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Instalouse no Barco de Valdeorras cara a 1882, onde casou coa filla de Casimiro Arias Rodríguez. Republicano federal, uniuse a José Núñez Núñez e Telesforo Ojea Somoza para constituír o grupo republicano de Valdeorras. Fundou no Barco os periódicos El Porvenir de Valdeorras, La Voz de Valdeorras e Heraldo de Valdeorras. Oficial da Deputación de Madrid, tamén dirixiu El Nuevo Combate (1893), foi un dos fundadores do Diario Universal, do que foi redactor, así como tamén foi redactor de El País e director de La Idea (1908). Autor de varios libros, algúns foron queimados publicamente nunha rúa do Barco durante unha Santa Misión. En 1898 presentouse como candidato republicano ás eleccións provinciais en Madrid, sendo derrotado. Volveu presentarse ás eleccións municipais de Madrid en 1901. En 1905 presentouse como candidato republicano ás eleccións a deputados polo distrito de Valdeorras. Finou en Madrid o 30 de decembro de 1924.[1]
ObrasEditar
- Algo huele a podrido ¿en Dinamarca? no, en la Diputación Provincial de Madrid: Folleto de actualidad, 1899.
Vida persoalEditar
Foi pai de Modesto Moyrón Arias.
NotasEditar
- ↑ La Libertad, 31-12-1924, p. 5.
- ↑ Expediente personal de Modesto Moyrón Carrera
Véxase taménEditar
BibliografíaEditar
- Fernández Fernández, Ángel (2012). "José Núñez Núñez. Don Pepito de Viloira, médico e valdeorrés ilustre". Valnatura (18): 34–36. Consultado o 5 de marzo de 2014.