O Barco de Valdeorras
Coordenadas: 42°25′0″N 6°58′59″O / 42.41667, -6.98306
O Barco de Valdeorras é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca de Valdeorras en Galicia. No ano 2014 tiña 13 899 habitantes segundo o INE (13 800 no 2006, 13 700 no 2005, 13 518 no 2004, 13 507 no 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é barquense ou valdeorrés.
O Barco de Valdeorras | |
---|---|
![]() ![]() | |
![]() Vista xeral da vila e o concello. | |
Situación | |
Xentilicio[1] | barquense - valdeorrés |
Xeografía | |
Provincia | Provincia de Ourense |
Comarca | Comarca de Valdeorras |
Poboación | 13.431 hab. (2020)[2][3] |
Área | 85,7 km²[3] |
Densidade | 156,72 hab./km² |
Entidades de poboación | 14 parroquias[4] |
Capital do concello | O Barco |
Política (2019[5]) | |
Alcalde | Alfredo García Rodríguez (PSdeG[6]) |
Concelleiros | BNG: 1 PPdeG: 5 PSdeG-PSOE: 10 Outros: Riada Cidadá: 1 |
Eleccións municipais no Barco de Valdeorras | |
Uso do galego[7] (2011) | |
Galegofalantes | 36,34% |
Na rede | |
www.concellodobarco.gal | |
[ editar datos en Wikidata ] |
É o cuarto concello máis poboado da provincia tras Ourense, O Carballiño e Verín, e é a capital da comarca. Sitúase no extremo nordeste da provincia, a 112 km da capital pola estrada N-120. Localizado no val do río Sil, rodeado por montañas.
PoboaciónEditar
Censo total (habitantes) | 13 899 (2014) |
Menores de 15 anos | 1903 (13,69 %) |
Entre 15 e 64 anos | 9302 (66,92 %) |
Maiores de 65 anos | 2694 (19,38 %) |

Evolución da poboación do Barco de Valdeorras Fontes: INE e IGE. | |||||||||||||||
1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 | 2018 | 2019 | 2020 |
5321 | 5930 | 8081 | 9242 | 13 518 | 14 134 | {{{13}}} | {{{14}}} | {{{15}}} | {{{16}}} | ||||||
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
EconomíaEditar
A economía do Barco baséase sobre todo na extracción e tratamento de lousa no veciño concello de Carballeda de Valdeorras. Trátase dun piar fundamental da economía da comarca. Valdeorras é a zona de maior produción de lousa de España.[Cómpre referencia] Aínda que isto se traduce nun evidente motor económico da zona, trouxo tamén consecuencias negativas como a degradación do medio ambiente ou unha alta incidencia de silicose.[Cómpre referencia]
Arredor do asentamento de poboación resultante da explotación da lousa foi florecendo o sector servizos. Tamén inflúe na economía barquense a proximidade de Ponferrada e o seu peso comercial e industrial na zona.
Outra actividade económica notable no concello é a recollida de uva e posterior produción de viño. É un dos concellos da Denominación de Orixe Valdeorras, que destaca especialmente polos seus caldos godello e mencía. Moi relacionada coa historia e a sociedade local atópase a Adega Cooperativa Xesús Nazareno.[Cómpre referencia]
A empresa química CEDIE foi un cimento prominente da economía local, albergando no seu seo gran cantidade de traballadores. Así e todo, pechou a súa actividade de tratamento de cal a principios dos 2000.
PatrimonioEditar
Desde o paseo fluvial do Malecón e as montañas pódense contemplar fermosas paisaxes. O conxunto monumental do Barco tamén pode ser un espléndido miradoiro do núcleo do Barco e do río Sil. Restos da cultura romana e varios pazos son o máis destacado do lugaconcello xunto co mosteiro de San Miguel de Xagoaza e a torre fortaleza do Castro, así como os festexos en honor ao Santo Cristo, nos que se organizan varias actividades.
Galería de imaxesEditar
- Artigo principal: Galería de imaxes do Barco de Valdeorras.
Ponte sobre o río Sil no Barco de Valdeorras
ParroquiasEditar
Lugares do Barco de ValdeorrasEditar
Para unha lista completa de todos os lugares do concello do Barco de Valdeorras vexa: Lugares do Barco de Valdeorras.
NotasEditar
- ↑ Véxase no Galizionario.
- ↑ Instituto Nacional de Estadística, ed. (27 de decembro de 2019). "Cifras oficiales de población resultantes de la revisión del Padrón municipal a 1 de enero". Consultado o 2 de xuño de 2020.(en castelán).
- ↑ 3,0 3,1 Instituto Galego de Estatística. (2020) "O Barco de Valdeorras".Información municipal. Sociedade e poboación. Xunta de Galicia.Este produto emprega a API de datos do Instituto Galego de Estatística (IGE), pero non está certificado ou aprobado polo IGE.
- ↑ Nomenclátor de Galicia. Busca directa. Xunta de Galicia (Escribir o nome do concello e premer en Buscar)
- ↑ Goberno de España, Ministerio do Interior (ed.). "Elecciones 2019". resultados.eleccioneslocaleseuropeas19.es. Arquivado dende o orixinal o 25 de xuño de 2019. Consultado o 27 de maio de 2019.
- ↑ Federación Galega de Municipios e Provincias (ed.). "O Barco de Valdeorras". www.fegamp.gal. Consultado o 15 de setembro de 2019.
- ↑ Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Arquivado dende o orixinal o 5 de decembro de 2019. Consultado o 14 de outubro de 2014.
Fonte: IGE. Datos dispoñibles nas Táboas Dinámicas de Google
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: O Barco de Valdeorras |
Ligazóns externasEditar
Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |