Verín
Coordenadas: 41°56′27″N 7°26′9″O / 41.94083, -7.43583
Verín é un concello da provincia de Ourense en Galicia, pertencente á comarca de Verín, da que é capital. Cunha poboación de 13 817 persoas segundo o padrón municipal de 2018, é o terceiro concello da provincia en poboación, despois de Ourense e O Carballiño.
Verín | |
---|---|
Casa consistorial. | |
Situación | |
Xentilicio[1] | verinés/verinesa |
Xeografía | |
Provincia | Provincia de Ourense |
Comarca | Comarca de Verín |
Poboación | 13.625 hab. (2022)[2][3] |
Área | 94,1 km²[3] |
Densidade | 144,79 hab./km² |
Entidades de poboación | 15 parroquias[4] |
Capital do concello | Verín |
Política (2019[5]) | |
Alcalde | Gerardo Seoane Fidalgo (PSdeG[6]) |
Concelleiros | BNG: 5 PPdeG: 4 PSdeG-PSOE: 8 |
Eleccións municipais en Verín | |
Uso do galego[7] (2011) | |
Galegofalantes | 58,76% |
Na rede | |
Verin.es | |
[ editar datos en Wikidata ] |
XeografíaEditar
O concello, de 93,9 km², abrangue 15 parroquias. Limita ao norte co concello de Castrelo do Val, ao leste co concello de Vilardevós, ao sur con Chaves (Portugal), ao oeste co concello de Oímbra e ao noroeste co concello de Monterrei.
Este concello está situado no cuadrante sudoriental da provincia de Ourense, lindando polo sur coa fronteira portuguesa. Dista 72 km de Ourense, 170 km de Vigo e 25 km de Chaves. A vila, localizada no corazón da fértil comarca do Val de Monterrei, xurdiu ao pé dunha importante fortaleza medieval e constitúe un dos principais e máis prósperos núcleos urbanos da provincia.
Situado na depresión de Verín, o relevo deste municipio mostra dous sectores diferentes: un formado polo val do río Támega e o outro polos relevos montañosos que o circundan ao oeste, onde a altitude chega aos 940 metros no Alto de Valdeagua. Tamén atravesa o municipio unha falla denominada Creba dá Corga, pola que flúen moitos mananciais de augas minerais.
A rede hidrográfica organízase en torno ao río Támega, cos seus afluentes Abedes, Búbal, Rego Novo e Rego dous Gondulfes. Este río pertence á conca do Douro.
As superficies forestais están formadas por árbores de ribeira, piñeiros e por matogueiras. As terras de cultivo son de gran fertilidade e sitúanse na zona do val, onde abundan as viñas, que proporcionan o famoso viño de Monterrei. As condicións climáticas, que favorecen a calidade do viño, caracterízanse pola súa suavidade térmica no inverno, a calor estival e as escasas precipitacións.
DemografíaEditar
Censo total | 13 817 (2018) |
---|---|
Menores de 15 anos | 1.777 (12.86 %) |
Entre 15 e 64 anos | 8.559 (61.95 %) |
Maiores de 65 anos | 3.481 (25.19 %) |

Instituto Nacional de Estadística
Evolución da poboación de Verín Fontes: INE e IGE. | ||||||||||||||||
1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 | 2018 | 2019 | 2020 | 2021 |
4 968 | 6 814 | 8 841 | 10 051 | 13 585 | 14 391 | 14 633 | 14 707 | 14 760 | 14 652 | 14 107 | 14 131 | 13 889 | 13 817 | 13 723 | 13 647 | {{{17}}} |
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
Distribución da poboación activa.[8] Servizos (61,31%) Sector primario (4,6%) Industria (16,97%) Construción (17,09%)
HistoriaEditar
Nas terras do concello quedaron restos de poboamento neolítico e castrexo, ademais de restos romanos, polo paso das vías XVII e XVIII do Itinerario de Antonino.[9]
En 1868, coa entrada en vigor do Tratado de Lisboa de 1864, perdeu a parroquia de Lamadarcos, que foi anexada a Portugal.[10][11]
Por favor, axuda na mellora deste artigo ou sección ampliando a información que achega. Se cadra, podes atopar máis información na páxina de conversa. |
CulturaEditar
PatrimonioEditar
- Igrexa parroquial de Santa María a Maior [13]
- Pazo de Acebedo [14]
- Igrexa da Mercede [15]
- Capela de San Lázaro [16]
- Casa do Escudo ou do Asistente [12]
- Santuario dos Remedios [17]
- Balneario de Sousas
- Balneario de Cabreiroá
Festas e celebraciónsEditar
As celebracións de máis sona son as do Entroido, das que destaca a súa vestimenta tradicional e as súas máscaras típicas, os cigarróns.
O 15 de agosto celébranse as festas patronais na honra de Santa María. Outras festas a destacar son as de San Lázaro, que inclúen unha feira gastronómica, e que teñen lugar no mes de marzo ou abril. Por outra parte, os días 3, 11 e 23 de cada mes celébrase a feira na Praza da Alameda de Verín. Cabe destacar finalmente os maios e as Xornadas do Folclore, o 15 de agosto.
Na literatura popularEditar
- Do outro lado do río/ ouvín cantare e vin:/ eran os meus amores/ que ían para Verín [19].
RecoñecementosEditar
- 2012: Xuíz Honorario do Couto Mixto.
EconomíaEditar
Por favor, axuda na mellora deste artigo ou sección ampliando a información que achega. Se cadra, podes atopar máis información na páxina de conversa. |
Política e gobernoEditar
Por favor, axuda na mellora deste artigo ou sección ampliando a información que achega. Se cadra, podes atopar máis información na páxina de conversa. |
Galería de imaxesEditar
- Artigo principal: Galería de imaxes de Verín.
|
ParroquiasEditar
Lugares de VerínEditar
Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Verín vexa: Lugares de Verín.
NotasEditar
- ↑ Véxase no Galizionario.
- ↑ Instituto Nacional de Estadística, ed. (27 de decembro de 2019). "Cifras oficiales de población resultantes de la revisión del Padrón municipal a 1 de enero". Consultado o 2 de xuño de 2020.(en castelán).
- ↑ 3,0 3,1 Instituto Galego de Estatística. (2022) "Verín".Información municipal. Sociedade e poboación. Xunta de Galicia.
- ↑ Nomenclátor de Galicia. Busca directa. Xunta de Galicia
- ↑ Ministerio do Interior, Goberno de España (ed.). "Resultado eleccións 2019". Arquivado dende o orixinal o 25 de xuño de 2019. Consultado o 12 de xuño de 2019.
- ↑ Federación Galega de Municipios e Provincias (ed.). "Verín". www.fegamp.gal. Consultado o 15 de setembro de 2019.
- ↑ Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Arquivado dende o orixinal o 5 de decembro de 2019. Consultado o 14 de outubro de 2014.
Fonte: IGE. Datos dispoñibles nas Táboas Dinámicas de Google
- ↑ "Verín". Diccionario enciclopédico galego universal 59. pp. 41–42.
- ↑ "Verín". Enciclopedia Galega Universal 16. pp. 326–329.
- ↑ Madoz, Pascual (1847). Lama de Arcos (Sta. Maria de). Diccionario geográfico-estadístico-histórico de España y sus posesiones de Ultramar (en castelán) X (Madrid). p. 48.
- ↑ García Mañá, Luís Manuel (xullo/decembro 2001). "Couto Mixto, unha república esquecida". IGADI. Arquivado dende o orixinal o 16-03-2012. Consultado o 4-6-2016.
- ↑ 12,0 12,1 Casa do Escudo ou do Asistente en Turgalicia.
- ↑ Igrexa de Santa María a Maior en Turgalicia.
- ↑ Casa dos Acevedo en Turgalicia.
- ↑ Igrexa da Mercede en Turgalicia.
- ↑ Capela de San Lázaro en Turgalicia.
- ↑ Santuario dos Remedios en Turgalicia.
- ↑ Fonte do Sapo en Turgalicia.
- ↑ Xaquín Lorenzo Fernández (1973), Cantigueiro popular da Limia Baixa, 72. No orixinal: vín.
Véxase taménEditar
BibliografíaEditar
- "Verín". Diccionario enciclopédico galego universal 59. La Voz de Galicia. 2003-2004. pp. 41–42. ISBN 84-7680-429-6.
- "Verín". Diciopedia do século 21 3. Do Cumio, Galaxia e do Castro. 2006. p. 2156. ISBN 978-84-8288-942-9.
- "Verín". Enciclopedia Galega Universal 16. Ir Indo Edicións. 1999-2002. pp. 326–329. ISBN 84-7680-288-9.
- "Verín". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
Outros artigosEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Verín |
Ligazóns externasEditar
- Verin.es Cidade da Auga.
- Verín en OpenStreetMap.
Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |