Balneario de Cabreiroá
O balneario de Cabreiroá é un manancial natural situado na parroquia de Cabreiroá, no concello de Verín.
Balneario de Cabreiroá | |
---|---|
![]() Balneario | |
Coordenadas | 41°55′35″N 7°25′23″O / 41.926311111111, -7.4229888888889Coordenadas: 41°55′35″N 7°25′23″O / 41.926311111111, -7.4229888888889 |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia editar
O manancial era unha charca coñecida dende a antigüidade polas súas propiedades medicinais, ata que o famoso empresario José García Barbón abre en 1907 o quiosco octogonal para os auguistas onde se segue degustando a súa auga.
O resto do recinto é un espazo natural duns 50 000 m² cruzado polo pequeno río Abedes e con exemplos de especies como os cedros do Himalaia, sequoias xigantes, tileiros, palmeiras etc. En total, 2000 árbores. Toda a auga do manancial pasa pola burbulla central do quiosco, desde onde se abastecen este e a planta de envasado. A auga sobe desde unha profundidade duns 100 m a unha temperatura duns 18 °C.
A súa auga está indicada para enfermidades de tipo estomacal, intestinal, do fígado, dos riles e a diabetes.
Véxase tamén editar
Bibliografía editar
- "Cabreiroá, Balneario de". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.