Abrir o menú principal

Tamaguelos, Verín

Coordenadas: 41°52′14″N 07°26′32″O / 41.87056, -7.44222

Tamaguelos
Igrexa Tamaguelos.jpg
Igrexa parroquial
ConcelloVerín
Poboación188 hab. (2017)
Entidades de poboación1

Santa María de Tamaguelos é unha parroquia do concello de Verín na comarca de Verín, na provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 223 habitantes, deles 105 eran homes e 118 eran mulleres, o que supón un incremento de 7 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.

XeografíaEditar

Está situada no suroeste do concello e limita ó norte coa parroquia de San Martiño de Mourazos, ó sur co concello de Oímbra, ó leste coa parroquia de Santa María de Mandín, e ó oeste con Rabal e co concello portugués de Chaves.

A orografía condiciona a morfoloxía do territorio e o modelo de asentamento poboacional. A depresión do Támega é o elemento físico que inflúe máis na localización e no tipo de núcleos de poboación, na localización dos cultivos e nas vías de comunicación. A rede hidrográfica está caracterizada polo curso do río Támega e por unha rede de regueiros, afluentes do Támega, que teñen a súa cabeceira nos montes orientais da parroquia e que drenan esa área da parroquia.

 
Estrada N-532 ao seu paso pola parroquia.

No modelo de asentamento poboacional, o núcleo rural primitivo se sitúa na chaira da depresión do Támega, preto do seu curso, e preto do trazado da estrada N-532. A parroquia está atravesada pola ruta da Prata do camiño de Santiago.

A súa tipoloxía responde a edificacións concentradas de tipo tradicional, construídas con materiais do entorno, con poucos espazos entre elas, de disposición irregular e sinuosa, polos que pasan estreitos viais. No trazado da estrada, que se constitúe como eixo artellador da malla da parroquia, se localiza un poboamento lineal, que corresponde a vivendas construídas nas últimas décadas.

Destaca o cultivo da vide nas terras de cultivo do entorno do núcleo e nas ribeiras do Támega.

TopónimoEditar

O topónimo Tamaguelos, ao igual có da veciña parroquia de Tamagos, está relacionado co pobo dos tamaganos, mencionado no Padrón dos Pobos, á súa vez relacionado co río Támega.

Galería de imaxesEditar

Lugares e parroquiasEditar

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar