Comarca de Verín
A comarca de Verín é unha comarca galega situada na provincia de Ourense e a súa capital é Verín. Pertencen á comarca os concellos de Castrelo do Val, Cualedro, Laza, Monterrei, Oímbra, Riós, Verín e Vilardevós.
Comarca de Verín | |
---|---|
![]() | |
Provincia | Provincia de Ourense |
Área | 1.007,29 km² |
Poboación | 24.999 hab. (2020) |
Densidade | 24,82 hab./km² |
Concellos | Castrelo do Val Cualedro Laza Monterrei Oímbra Riós Verín Vilardevós |
DemografíaEditar
Tiña en 2020 unha poboación de 24.999 habitantes, deles 12.455 son homes e 12.544 son mulleres.[1]
Con 13.647 habitantes[2] (INE 2020) o concello de Verín é a capital da comarca, tendo así, máis do 50% da poboación total da bisbarra (54,59%). O núcleo máis poboado é a cabeceira municipal do anterior concello, que con 10.025 habitantes[3] (2020) ten o 40,10% da poboación comarcal, actuando coma un verdadeira vila macrocefálica en relación ao conxunto comarcal.
A poboación estranxeira da comarca ascendía en 2020 a 2.004 habitantes. A idade media era de 52,68 anos.[1]
Padrón municipal 2020 | 24.999 habitantes[1] |
---|---|
Menores de 15 anos | 2.249 (9,00 %) |
Entre 16 e 64 anos | 14.077 (56,31 %) |
Maiores de 65 anos | 8.673 (34,69 %) |
ParticularidadesEditar
Dentro da idiosincrasia da bisbarra, unha das manifestacións culturais máis relevantes a nivel rexional e incluso nacional é o entroido. Sendo Laza e Verín os máximos referentes comarcais, completarían o triángulo máximo do Entroido ourensán coa capital da Limia, Xinzo.
Outra característica común é a dominancia da Casa dos Zúñiga (unha das máis importantes liñaxes de Galicia) do Condado de Monterrei, presenza que queda patente nos escudos dos concellos da comarca.
Galería de imaxesEditar
- Vexa o artigo principal en Galería de imaxes da comarca de Verín
NotasEditar
- ↑ 1,0 1,1 1,2 "IGE - Información comarcal". www.ige.eu. Arquivado dende o orixinal o 29 de abril de 2021. Consultado o 2021-04-29.
- ↑ "IGE - Información municipal". www.ige.eu. Arquivado dende o orixinal o 29 de abril de 2021. Consultado o 2021-04-29.
- ↑ "Nomenclátor estatístico de Galicia". www.ige.eu. Arquivado dende o orixinal o 30 de decembro de 2020. Consultado o 2021-04-29.
Este artigo sobre comarcas de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |