Balneario de Sousas
balneario en Verín
O balneario de Sousas é un balneario situado na vila Verín, a unha altura de 381 metros sobre o nivel do mar. A auga do manancial de Sousas brota entre rochas graníticas, a unha temperatura de 19 °C.
Balneario de Sousas | ||||
---|---|---|---|---|
Tipo | balneario ![]() | |||
Localización | ||||
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Galicia | |||
Provincia | provincia de Ourense | |||
Concello | Verín ![]() | |||
[ Wikidata ] |
Funciona dende 1859. Un pequeno e sinxelo quiosco de 1892, con reformas posteriores, permite o consumo das augas no mesmo manancial. Conta cunha área contigua axardinada e de descanso, a carón da planta de envasado.