Xosé García Barbón

empresario galego

Xosé Manuel García-Barbón Sola, nado en Verín o 30 de marzo de 1831 e finado en Vigo o 7 de marzo de 1909[1] , foi un prominente empresario e mecenas do seu tempo.

Xosé García Barbón
José García Barbón.jpg
Nome completoJosé Manuel García-Barbón Sola
Nacemento30 de marzo de 1831
Lugar de nacementoVerín
Falecemento7 de marzo de 1908
Lugar de falecementoVigo
SoterradoCemiterio de Pereiró
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónempresario
PremiosGran Cruz da Orde Civil de Alfonso XII
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Naceu no seo dunha familia rica, e de novo emigrou a Cuba, onde alcanzou o éxito nos negocios, abrindo o seu propio banco. Alí coñeceu a outro inmigrante e empresario, galego, Policarpo Sanz, co que mantivo unha grande amizade toda a súa vida. Xuntos tomaron a iniciativa da sociedade de Beneficencia Natural de Galicia e do Centro Galego da Habana. A escritora María Xosé Queizán acúsao na novela Amor de tango (1992) de actividades negreiras e de trata de brancas.

 
Monumento de Francisco Asorey a García Barbón.

Con 53 anos de idade, decidiu regresar a Galicia por razóns médicas. Despois de dez anos decidiu instalarse definitivamente en Vigo coa súa irmá e catro sobriños, xa que permaneceu solteiro. Alí, comezou a mercar propiedades para construír grandes edificios como o Teatro Rosalía de Castro[2] ou a Escola de Artes e Oficios, e Caridade. En 1907 fundou o balneario de Cabreiroá.

Viviu no seu pazo na Facenda Vista Alegre (situado ao lado da actual Avenida García Barbón, en Vigo), ata a súa morte en 1909[3] .

Galería de imaxesEditar

Escultura en Verín

NotasEditar

  1. Pérez Leira, L.. "Xosé Manuel García Barbón". Enciclopedia da emigración galega. 
  2. O teatro Rosalía de Castro de Vigo ardería en 1910. Sobre as súas cinzas edificouse o Teatro García Barbón, hoxe Centro Cultural Afundación.
  3. Julio Alonso (3 de febreiro de 2020). "Finca Vista Alegre, en el recuerdo de Vigo". Vigo é. 

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar