Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde marzo de 2021.) |
Este artigo ou sección precisa dunha revisión do formato que siga o libro de estilo da Galipedia. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
O Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (IGADI) é unha entidade independente e sen fins de lucro creada en 1991, que ten por obxecto principal a investigación dos problemas internacionais e a activación de estratexias que favorezan unha maior proxección de Galicia no mundo en tódolos dominios.
Documentación e investigaciónEditar
O IGADI recibe e analiza a prensa de numerosos países; arquiva obras, xornais, revistas e outros soportes documentais (anuarios estatísticos, teses, actas de coloquios, conferencias etc) referidos á situación económica, social e política de cada país, rexional e mundial. Estes materiais constitúen a base para a creación do Centro de Información e Documentación Internacional Contemporánea.Así mesmo o IGADI promove a realización de investigacións sobre as máis diversas problemáticas de orde internacional.
Á disposición da sociedadeEditar
Ámbolos dous servizos concretan un programa de apoio ás colectividades de diferentes niveis educativos, ás empresas e outros axentes sociais, que se complementa coa activa divulgación de información ós medios de comunicación, movementos asociativos, parlamentarios, personalidades e institucións galegas.
Apoio e mediaciónEditar
O IGADI ofrece un servizo de apoio e mediación para empresas e institucións que inclúe os seguintes aspectos particulares: realización de estudos sectoriais, de monografías, acompañamento de delegacións, tradución e interpretación, investimento e comercio exterior. Este servizo forma parte dun proxecto máis amplo que contempla a creación en Galicia dun Observatorio Exterior económico e sociopolítico.
Actividades públicasEditar
Para difundir información e promover debates na opinión pública, o IGADI organiza seminarios, mesas redondas e conferencias. En permanente contacto con todo tipo de medios e institucións, facilita a presenza de membros do IGADI nos medios de comunicación, practicando unha política de intervención inmediata en cuestións de actualidade. Igualmente programa a realización de cursos de formación.
Relacións con outros centros e instituciónsEditar
O IGADI mantén relacións de cooperación e de intercambio con outros centros de investigación estatais e internacionais. Ademais é signatario de convenios de colaboración con Universidades e con Administracións de diferentes niveis.
Ademais é promotor da Fundación Plácido Castro, e participa na concesión anual do Premio de Tradución Plácido Castro, que dita fundación outorga.
FinanciamentoEditar
O IGADI financiase coas achegas dos seus membros e colaboradores; coa remuneración dalgunhas das súas actividades e co apoio prestado polas Administracións Públicas, entidades financeiras e organizacións sociais.